Piñera é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Atópase no centro do concello e linda ao norte coa parroquia de Sotieḷḷo, ao nordés coa de Erías, ao leste coa de Las Puentes, ao sueste coa de Chanos de Somerón, ao sur coa de Teyeo e ao oeste coa de Xomezana.
Ten unha extensión de 7,78 km² e unha poboación de 57 habitantes (INE, 2010). Estes repártense entre os lugares de Carraluz (20 habitantes), Piñera Baxo (33 habitantes) e Piñera Riba (4 habitantes).
Demografía
Piñera na cultura popular Hai varios cantares que fan referencia aos reniegos ou conceyones, os alcumes polos que son coñecidos os habitantes de Piñera, e as xentes de Carraluz.
(Orixinal en lingua asturiana) Los mozos de Carraluz son pocos y valen menos, hay que llevalos a Faro y cambialos por tarreños.
Los mocinos de Piñera gastan muncho ringo rango, un pañuelo en cada bolso y la moquita pingando.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000. Castañón, Luciano, Diccionario geográfico popular de Asturias. Oviedo, Servicio de Publicaciones del Principado de Asturias, 1990.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena