Pero Viviaez foi un trobador galego do século XIII, autor de composicións da lírica galego-portuguesa.

Biografía Na documentación do século XIII identificáronse dúas persoas con ese nome: Un nobre chamado Pero Viviaez de Queirugás, procedente dun lugar próximo a Verín, e un burgués de Caldelas. Puido estar relacionado coa corte de Afonso X.

Obra Consérvanse nove obras, catro cantigas de amor e cinco cantigas de escarnio e maldicir, das cales, tres son de dubidosa autoría. Nas cantigas de amor, pertence ao grupo de trobadores que anuncia que vai desvelar a personalidade da súa amada para, posteriormente, evitar facelo mediante o uso de tópicos e enigmas.

Notas

Categoría:Trobadores en galego-portugués