O Club Deportivo Oximesa foi un equipo profesional español con sede na cidade de Albolote, Granada. En 1992 o club xogou na cidade de Granada e adoptou no nome de Baloncesto Granada. Porén, despois da temporada 1992−93, o equipo desapareceu. O club xogaba os seus partido como local no Pavillón José Antonio Murado, curiosamente bautizado por Drazen Petrovic como "o peor pavillón do mundo".

Historia O Club Deportivo Oximesa foi fundado no ano 1979. Empezou a competir en categoría provincial, conseguindo o ascenso á Terceira División na súa primeira temporada. Na seguinte campaña, a 1980−81, conseguiu un novo ascenso chegando á Segunda División. Após xogar dúas temporadas nesta categoría, a 1981−82 e a 1982−83, conseguiu o ascenso á Primeira B, naquela altura segunda máxima categoría do baloncesto español. Nas temporadas 1983−84, 1984−85 e 1985−86 estivo loitando polo ascenso a máxima categoría, ascendendo por fin á ACB en 1986 tras gañar o playoff. Neste playoff venceu en semifinais ao Tizona (2−0) e nas finais ao Caja de Ronda (2-0).

Na súa primeira campaña na Liga ACB, tras contar con tres adestradores diferentes ao longo do ano, o equipo acabou salvando a categoría tras finalizar en décimo primeiro lugar. Cómpre destacar que perdeuperdeu en semifinais da Copa Príncipe tras vencer en oitavos de final ao Clesa Ferrol (87−84) e en cuartos de final ao Cajabilbao (82−83). Porén, non puideron vencer no paso previo á final ao TDK Manresa (83−78). Na seguinte campaña, a 1988−89 o club consegue de novo a salvación. Ademais, conseguiron acadar os oitavos de final da Copa do Rei, onder foron eliminados polo Real Madrid. Na temporada 1991−92, tras varias salvacións, o club trasládase desde Albolote até Granada, cando o Concello da capital provincial adquiriu os dereitos do equipo e mudou o nome por Baloncesto Granada. Con todo, o equipo acabar por descender após perder nos playoffs de descenso en primeira rolda ante o DYC Breogán (0−3) e na segunda rolda ante o Coren Ourense (0−3). Tras a temporada 1992−93, onde volveu xogar na Primeira B, desapareceu.

Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Oximesa Granada (1979–1988) Puleva Granada (1988–1992) Ciudad de Granada (1992–1993)

Xogadores Destacados

José Gabriel Álvarez Luis Miguel Álvarez Eduardo Clavero Javier Ibáñez Miguel Juane Nacho Suárez Dallas Comegys Joe Cooper Mike Higgins Cedrick Hordges Jeff Lamp Jerome Lane Dave Popson Goran Grbović Milenko Savović

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Oximesa en Liga ACB.

Antonio Gómez (1986) Manuel Miguel Cueto (1986) José Ignacio Iriarte (1986−1988) Daniel Pintor (1988−1989) Manuel Miguel Cueto (1989) Duško Vujošević (1989−1990) Antonio Gómez (1990−1991) Manuel Miguel Cueto (1991) Moncho Monsalve (1991−1992) Manuel Miguel Cueto (1992)

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1979–80 5 Provincial 1980–81 4 3ª División 1981–82 3 2ª División 1982–83 3 2ª División2º 1983–84 2 1ª División B 4º 15–11 1984–85 2 1ª División B 6º 14–12 1985–86 2 1ª División B3º 23–9 1986–87 1 ACB 11º 13–18 Copa Príncipe 1987–88 1 ACB 11º 15–16 Copa Príncipe 1988–89 1 ACB 14º 17–24Oitavos de final1989–90 1 ACB 20º 16–24Primeira rolda1990–91 1 ACB 22º 12–30Primeira rolda1991–92 1 ACB24º 9–31Segunda rolda1992–93 2 1ª División 7º 21–19

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do Oximesa en basketball-reference.com

Oximesa CD Oximesa CD Oximesa