María Neves Rodríguez Román, nada en Donostia en 1969, é unha actriz, comunicadora e presentadora de televisión galega, máis coñecida como Neves Rodríguez.
Traxectoria Neves Rodríguez naceu en Donostia, onde viviu os primeiros anos da súa vida, sendo adolescente a súa familia trasladouse a vivir a Tui, de onde é orixinario seu pai.
Comezou na Radio televisión municipal de Tui a súa traxectoria profesional. Presentou o programa Luar en dúas etapas (1993) e (2005-2009). Foi condutora do programa de TVE-Internacional Desde Galicia para el Mundo.
Na súa traxectoria profesional está fundamentalemente ligada a televisión autonómica galega aínda que tamén traballou na televisión autonómica da Rexión de Murcia (7RM) e para a Televisión Española (TVE).
Como actriz participou en series de televisión como Rías Baixas, Gondar, Pazo de familia, Serramoura, Néboa ou Método Criminal. Tamén presentou programas como Luar (en dúas etapas, 1993 e 2003-2008) e Desde Galicia para el mundo ou Vin polo vento.
Entre os anos 2013 e 2018 presentou o podcast Metrópoles Delirantes, adicado á Banda deseñada.
Entre 2017 e 2019 presidiu a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
En 2024 publicou o seu primeiro libro de poesía, Cuspindo miserias.
Obra
Cuspindo miserias (2024). Vigo: Galaxia, Dombate. 128 páxs. ISBN 978-84-1176-338-7.
Traxectoria profesional
1991 - Antena Louro. 1992 . Radio Municipal de Tui. 1993 - Luar (TVG). 1995 - Desde Galicia para el Mundo (TVE-Internacional). 2003/2008 - Luar (TVG). 2004 - Rías Baixas (TVG). 2004 - Gondar (TVG). 2005 - Entre hermanos de sangre (Tv movie). 2006 - Sexo, Entre o ceo e a terra (Documental). 2008 Calle Mayor (7RM). 2010 - O fío do retrato (TVG). 201/2018 - Vaia Troula (TVG) 2014/2018 - Pazo de Familia (TVG). 2018 - Serramoura (TVG). 2018 - Metamorfose (Performance). 2018/2022 - Invisibles (Teatro). 2018/2019 - Vin polo vento (TVG). 2019 - Malcavada (Curtametraxe). 2020 - Néboa (TVE). 2021 - Método Criminal (TVG). 2021/2022 - Little neno (Teatro)
Premios 2002 - Premio Chano Piñeiro á Mellor Presentadora 2018 - Premio Mestre Mateo á Mellor comunicadora 2019 - Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” do Festival de Cans
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na AAAG Cine galego
Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia