A igrexa de San Miguel de Lillo (en ) é un templo prerrománico dedicado ao arcanxo Miguel, construído polo rei Ramiro I no monte Naranco, nos arredores de Oviedo (Asturias). Atópase a escasos metros da igrexa de Santa María do Naranco. Posibelmente é a que, segundo a crónica Albeldense, este monarca mandou construír xunto aos seus palacios, con función de igrexa palatina. En principio, puido estar dedicada a Santa María e San Miguel. Declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1985. En xaneiro de 2009, advertiuse un inminente derrubamento da estrutura e dunha deterioración case irreparable en xeral das pinturas por mor da gran humidade que a asola.«San Miguel de Lillo, al borde de la ruina », reportaxe do 28 de xaneiro de 2009, con fotos das zonas en mal estado No ano 2011 leváronse a cabo unhas obras de restauración. Arquitectura miniatura|esquerda|Planta da igrexa. Orixinalmente tivo planta basilical de tres naves, pero só se conserva unha terceira parte da súa lonxitude, porque durante o século XIII ou comezos do XIV arruinouse a causa das malas condicións do chan. Consérvase unicamente o vestíbulo e o arrnque das súas tres naves. Sobre o primeiro atópase a tribuna real, franqueada a ambos os lados por dúas pequenas estancias.
A cuberta está abovedada, mediante un sistema complexo de bóvedas de medio canón. As naves están separadas por arcos que descansan en columnas, feito inusitado na arte asturiana, xa que o habitual era o uso do piar como soporte. Estas columnas apóianse en altas basas cadradas que acollen decoración escultórica de arcos que encadran figuras.
Está realizada na súa meirande parte de perpiaño. As ventás presentan belas celosías talladas en pedra. A construción resulta esvelta e amosa certo interese do seu autor polas proporcións, posto que a súa altura é o triplo da anchura das súas naves.
Decoración escultórica miniatura|esquerda|Relevo na xamba. Moi destacábel é a decoración escultórica en relevo; especialmente a das xambas da porta de entrada, posibelmente inspirada nun díptico consular bizantino do século VI, pertencente ao cónsul Areobindo, que se conserva no Museo de San Petersburgo.
Toda a decoración escultórica en xambas, basas e capiteis denota unha forte influencia bizantina, oriental e incluso lombarda, presentando un certo encanto primitivista e antinaturalista.
Decoración pictórica Quedan restos da decoración pictórica mural na que se poden distinguir dous tipos; a decorativa imita á da época de Afonso II visíbel na igrexa de San Xián dos Prados, pero existen outras totalmente novidosas coa figura humana como tema principal. Estas pinturas son visíbeis no muro sur da nave sur e no muro leste da mesma nave.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Igrexa de Santa María do Naranco Igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena
Categoría:Arte asturiana Lillo Categoría:Patrimonio da Humanidade en Asturias