Dairis Bertāns, nado o 9 de setembro de 1989 en Valmiera, é un xogador profesional de baloncesto letón que actualmente xoga para o VEF Rīga letón. É o irmán máis vello do tamén xogador de baloncesto Dāvis Bertāns.

Traxectoria En xuño de 2013, Bertāns asinou un contrato de tres anos co Bilbao Basket da Liga ACB.

O 2 de marzo de 2019, Bertāns asinou cos New Orleans Pelicans. Oito días máis tarde, Bertāns debutou na NBA, facendo unha asistencia en seis minutos de xogo, na derrota dos Pelicans por 128–116 contra os Atlanta Hawks. O 7 de xullo de 2019, foi cortado polos Pelicans.

O 27 de xullo de 2021, Bertāns asinou co Real Betis da Liga ACB. O 20 de xullo de 2022, Bertāns renovou o seu contrato co Betis por dúas tempadas máis.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Xogadores de baloncesto de Letonia Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do BK Valmiera Categoría:Xogadores do BK Ventspils Categoría:Xogadores do VEF Rīga‎ Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK‎ Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do CB Sevilla