The Big Family Cooking Showdown, a miúdo coñecido como Cooking Showdown ou BFCS, é un programa de televisión británico da BBC en formato de competición de cociña. A primeira temapada estivo presentada por Nadiya Hussain e Zoe Ball. Cada semana, dous equipos de tres persoas (membros dunha mesma familia) compiten en tres retos, xulgados por Giorgio Locatelli e Rosemary Shrager. Os gañadores destas probas clasifícanse nas semifinais, que constan de tres episodios. Os gañadores das semifinais progresan até o episodio final onde se escolle a familia gañadora. The Big Family Cooking Showdown estreouse en BBC Two o 15 de agosto de 2017.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión do Reino Unido