O N (ene) é a duodécima letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal alveolar sonoro.

Usos En química, N é a abreviatura do elemento químico nitróxeno.

En xeografía é abreviatura de norte.

En matemáticas simboliza un número natural.

En física simboliza a unidade de medida de forza Newton.

En estatística, N é o número de elementos ou suxeitos que compoñen unha poboación estatística; n é o número de elementos que se obteñen dela nunha mostra.

Véxase tamén Entradas da enciclopedia que comezan por N

Categoría:Grafémica