miniatura|Bandeira do American Indian Movement. O panindianismo é unha ideoloxía política que promove a unidade, e até certo punto a homoxeneización, entre os diferentes pobos indíxenas dos Estados Unidos, as Primeiras Nacións, os pobos inuit e os métis, independentemente das distincións tribais e das diferenzas culturais.

Este enfoque da organización política está asociado principalmente coa organización dos nativos americanos para a xustiza social e a revitalización cultural nos Estados Unidos continentais, mais tamén se estendeu a outras comunidades indíxenas. Os inuit e os métis poden considerarse parte da comunidade panaborixe máis ampla, ou algunha variación desta. Algúns académicos tamén usaron o termo panamerindianismo para distinguir doutros pobos coñecidos como "indios". Algunhas organizacións pan-indias buscan xuntar os recursos dos grupos indíxenas para protexer os intereses dos pobos nativos de todo o mundo.Waldman, Carl (2009). "Atlas of The North American Indian" (Third ed.), pp 262, 264, 241. Checkmark Books., New York

Notas

Categoría:Pannacionalismo Categoría:Nacionalismo nativo americano