dereita|miniatura|Bandeira de Nixeria. dereita|miniatura|Herbert Macaulay, o fundador do nacionalismo nixeriano. O nacionalismo nixeriano é un movemento político nacionalista que defende que os nixerianos forman unha nación e promove a súa unidade cultural.Luke Uka Uche. Mass media, people, and politics in Nigeria. Concept Publishing Company, 1989. Pp. 23-24 O nacionalismo nixeriano é un nacionalismo territorial, que enfatiza a conexión cultural da xente coa terra, en particular os ríos Níxer e Benue.Guntram H. Herb, David H. Kaplan. Nations and Nationalism: A Global Historical Overview. Santa Barbara, California, USA: ABC-CLIO, Inc., 2008. Pp. 1184. Xurdiu por primeira vez na década de 1920 baixo a influencia de Herbert Macaulay, quen é considerado o fundador do nacionalismo nixeriano.Luke Uka Uche. Mass media, people, and politics in Nigeria. Concept Publishing Company, 1989. Pp. 23 Foi fundado en base á necesidade de que as persoas que vivían na colonia británica de Nixeria, que tiñan de múltiples orixes culturais e étnicas, se unisen como un só pobo para poder resistir o colonialismo.Luke Uka Uche. Mass media, people, and politics in Nigeria. Concept Publishing Company, 1989. Pp. 23-24Toyin Falola, Saheed Aderinto. Nigeria, nationalism, and writing history. Rochester, New York, USA: Rochester University Press, 2010. Pp. 256. Os pobos de Nixeria uníronse para responder ás discrepancias coa política británica. "O problema do nacionalismo étnico en Nixeria veu coa chegada do colonialismo. Isto ocorreu cando grupos dispares, autónomos, heteroxéneos e subnacionais se fusionaron para formar unha nación. De novo, os colonialistas crearon desequilibrios estruturais dentro da nación en termos de proxectos socioeconómicos, desenvolvemento social e estabelecemento de centros administrativos. Este desequilibrio afondou as antipatías entre as diversas nacionalidades étnicas en Nixeria (Nnoli, 1980; Young, 1993 e Aluko, 1998)." O obxectivo dos nacionalistas nixerianos de lograr a independencia para Nixeria como estado soberano conseguiuse en 1960, cando Nixeria declarou a súa independencia e rematou o dominio colonial británico. Dende entón, o goberno de Nixeria intentou unificar os distintos pobos e rexións de Nixeria nun único sentimento nacional.

Notas

Véxase tamén Bibliografía