Laxoso de Abaixo é un lugar da parroquia de Ponte Caldelas no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 102 habitantes (56 homes e 46 mulleres).
Etimoloxía O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.
Xeografía Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.
Por aquí discorre a ruta de sendeirismo das Almiñas e do Foxo do Lobo (Os pasos da Fraga).
Lugares e parroquias Lugares de Ponte Caldelas
Parroquias de Ponte Caldelas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponte Caldelas
Categoría:Lugares de Ponte Caldelas