Johann Friedrich Naumann, nado o 14 de febreiro de 1780 en Prosigk, Reino de Prusia, e finado na mesma localidade o 15 de agosto de 1857, foi un naturalista, ornitólogo e gravador alemán.

Está considerado como o fundador da ornitoloxía na Europa central.

Traxectoria Johann Friedrich Naumann era fillo de Johann Andreas Naumann, un coñecido ornitólogo. Despois de asistir á escola en Dessau, regresou á súa casa e dedicouse ao estudo da agricultura, a botánica, a xeoloxía e a ornitoloxía.

Máis tarde dirixiu a súa atención especialmente á ornitoloxía, estudando as aves de Alemaña. Froito disto é a súa monumental obra Naturgeschichte der Vögel Deutschlands en 13 volumes, publicada en Leipzig en 1822, adornada con placas dun gran número de aves que el mesmo gravou.

Ademis desta obra foi o autor de numerosos traballos ornitolóxicos.

Algunhas obras Taxidermie oder die Lehre, Thiere aller Klassen am einfachsten und zweckmäßigsten für Kabinette auszustopfen und aufzubewahren. Hemmerde & Schwetschke, Halle, 1815. Johann Andreas Naumann u. Johann Friedrich Naumann: Naturgeschichte der Vögel Deutschlands. Nach eigenen Erfahrungen entworfen. Fleischer, Leipzig, 1822-1866, vols. 1-13 (Grundlagenwerk der modernen Ornithologie). Die Naturgeschichte der Vögel Mitteleuropas. Eds. 1897-1905. Die Vögel Mitteleuropas - eine Auswahl, hrsg. und mit einem Essay von Arnulf Conradi, Frankfurt am Main 2009, ISBN 978-3-8218-6223-1.

Honores Eponimia A Sociedade ornitolóxica alemá chamou á súa revista Naumannia. O lagarteiro das torres (Falco naumanni) foi nomeado en honor a J. F. Naumann.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Paul Gottschalk (1926): "Johann Friedrich Naumann", en: Mitteldeutsche Lebensbilder, 1. Band Lebensbilder des 19. Jahrhunderts, Magdeburg, 1926, pp. 65–70.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1780 Categoría:Finados en 1857