Daphniidae (dáfnidos) é unha familia de crustáceos da orde Anomopoda, xeralmente chamados pulgas de auga.

Descrición

Os membros desta familia diferéncianse doutros diplostráceos similares, como os Macrotrichidae e Moinidae, en que as antenas das femias son curtas e inmóbiles.

Ecoloxía

O modo de alimentación dos membros desta familia é distinto do dos Macrotrichidae porque o animal pode alimentarse por medio de filtración en vez de ter que raspar o alimento dunha superficie. Evolucionaron para ocupar diferentes nichos ecolóxicos. Scapholeberis e Megafenestra conteñen especies adaptadas a vivir arredor pola película superficial; os Simocephalus pendúranse de obxectos mentres filtran o alimento; outros desenvolveron un estilo devida peláxico.

Taxonomía A familia Daphniidae comprende 121 especies distribuídas en cinco xéneros: Ceriodaphnia Dana, 1853 Daphnia O. F. Müller, 1785 Megafenestra Dumont & Pensaert, 1983 Scapholeberis Schoedler, 1858 Simocephalus Schoedler, 1858

Os membros da familia Moinidae nalgunhas clasificacións están incluídos tamén dentro de Daphniidae.

Notas

Categoría:Cladóceros Categoría:Branquiópodos