Ricardo Enrique Mangana Barberá, coñecido como Riki Mangana, nado en Caracas o 22 de setembro de 1999, é un futbolista galego-venezolano. Xoga como lateral na Sociedade Deportiva Compostela, da Segunda División RFEF.
Traxectoria Nacido en Venezuela, criouse en Galicia, e aos 5 anos entrou na canteira do Coruxo. Xogou no club verde ata o segundo ano de cadetes, cando foi fichado pola ED Val Miñor. Militou un ano no equipo xuvenil de Nigrán, na División de Honra, xogando tanto no lateral esquerdo como no dereito, así como de defensa central e centrocampista. En 2016 entrou na canteira do Celta de Vigo.
Na tempada 2017/18 pasou a xogar no filial, o Celta B, co que disputou 25 partidos ese ano na Segunda División B. Perdeu protagonismo durante a seguinte campaña e media e en xaneiro de 2020 saíu cedido ao Guijuelo, da mesma categoría, onde tampouco dispuxo apenas de minutos. Na segunda metade da tempada 2020/21 volveu saír cedido, desta vez ao Coruxo, o seu antigo equipo. No equipo de Míchel Alonso fíxose coa titularidade, disputando 11 partidos ata o final da tempada.
En xuño de 2021 fichou pola Cultural Leonesa, que se dispoñía a participar na primeira edición da Primeira División RFEF. Debutou na nova categoría na segunda xornada, nun partido contra Unionistas de Salamanca no estadio Reina Sofía.
Selección nacional As súas boas actuacións no Val Miñor valéronlle a súa convocatoria coa selección galega sub-18, coa que disputou o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas. En 2017 foi convocado por Luis de la Fuente para a selección española sub-19 e ao ano seguinte debutou coa selección sub-20 de Venezuela. Entre xaneiro e febreiro de 2019 participou co combinado venezolano no Campionato Suramericano sub-20 celebrado en Chile.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en LaPreferente.es .
Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1999 Categoría:Futbolistas de Venezuela Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do CD Guijuelo Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Ourense CF