Venga Juan é unha serie de televisión española producida por 100 balas que se emite en HBO. Está protagonizada por Javier Cámara e María Pujalte.​ Estreouse o 28 de novembro de 2021. É a continuación das series Vota Juan (2019) e Vamos Juan (2020).

Sinopse Nesta terceira entrega, Juan Carrasco atópase no punto álxido da súa carreira. Grazas ás portas xiratorias, ten un despacho espectacular, adelgazou dez quilos e ten pelo. Na súa nova vida hai espazo para moitas cousas, pero non para a súa muller Paula, a súa filla Eva e a súa antiga xefa de prensa, Macarena. Todo se vén abaixo cando reaparece na súa vida o único do que ningúen o poderá liberar xamais: Logroño. Uns papeis que involucran a Juan nunha trama de corrupción municipal poñerán a súa vida do revés. Así comeza unha fuxida frenética para borrar o seu pasado como alcalde da cidade e evitar o seu ingreso en prisión.

Elenco Principal Javier Cámara - Juan Carrasco María Pujalte - Macarena Lombardo Adam Jezierski - Víctor Sanz Esty Quesada - Eva Carrasco Yaël Belicha - Paula Cristóbal Suárez - Ignacio "Nacho" Recalde

Coa colaboración especial de Joaquín Climent - Luis Vallejo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de HBO Max Categoría:Programas de televisión humorísticos de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2021