Foscadh (que en lingua irlandesa quere dicir "refuxio"; tamén escrito en irlandés arcaico como Foscaḋ) é un filme irlandés de 2021 escrito e dirixido por Seán Breathnach. Baséase nos personaxes da novela The Thing about December de Dónal Ryan. O filme estreouse no Festival de Cinema de Galway de 2021. Rodado en lingua irlandesa, foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse John Cunliffe (Dónall Ó Héalai) é un mozo recluído de 28 anos, malcriado polos seus pais. Cando os seus pais falecen, John descobre que herdou terras no camiño dunha proposta de desenvolvemento lucrativo dun parque eólico. Nunca tivo que valerse por si mesmo, ten que crecer axiña.

Produción miniatura|250px|dereita|Paisaxe de Corr na Móna. Foscadh foi rodado en 2019 e 2020 en Corr na Móna, no Condado de Galway tendo recibido unha subención de 400.000 euros da Broadcasting Authority of Ireland.

Acollida Foscadh estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Galway en xullo de 2021, onde gañou o premio ó mellor filme dun debutante.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua irlandesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes rodados en Irlanda Categoría:Filmes ambientados en Irlanda