Lorraine Hansberry, nada en Chicago o 19 de maio de 1930 e finada en Nova York o 12 de xaneiro de 1965, foi unha escritora e dramaturga estadounidense, que participou na loita pola igualdade de dereitos.Lipari, Lisbeth. "Queering the borders: Lorraine Hansberry’s 1957 Letters to The Ladder" Paper presented at the annual meeting of the International Communication Association, Marriott Hotel, San Diego, CA, 27 de maio de 2003 . Online. 28 de xuño de 2008. Foi a primeira autora afroamericana que tivo unha obra representada en Broadway.

Foi candidata aos premios Tony á mellor obra e nos premios WGA ao drama estadounidense mellor escrito.

Traxectoria Hanberry era a máis nova dos catro fillos de Nannie Louise Perry, mestra, e de Carl Augustus Hansberry, corretor inmobiliario.

En 1938, o seu pai mercou unha casa en Washington Park no sur de Chicago, provocando a ira dos seus veciños brancos. Os esforzos destes para botar a familia Hansberry culminaron na decisión do Tribunal Supremo no caso Hansberry v. Lee de 1940, que gañou o seu pai fronte a un delito de segregación racial. Naquel momento considerouse que a restrición non era lexítima, mais tampouco inválida;Hansberry v. Lee, 311 U.S. 32 estas restricións non foron declaradas inconstitucionais ata o caso Shelley v. Kraemer, 334 U.S. 1 (1948).Shelley v. Kramer

Carl Hansberry tamén apoiaba a Urban League e a National Association for the Advancement of Colored People NAACP en Chicago. Ambos os Hansberrys eran activos no Partido Republicano de Chicago.Anderson, "Freedom Family" (2008), p. 263. Carl faleceu en 1946 cando Lorraine tiña quince anos; "o racismo americano axudou a matalo", dixo ela máis adiante.Anderson, "Freedom Family" (2008), pp. 268–269.

Lorraine Hansberry realizou os seus estudos na Universidade de Wisconsin-Madison.

Trasladouse a Nova York, onde traballou para o xornal panafricanista Freedom, en que tratou con outros intelectuais como Paul Robeson ou W. E. B. Du Bois. En 1951 mudouse a HarlemCarter, "Commitment amid Complexity" (1980), p. 41. e involucrouse no activismo contra os desafiuzamentos.Carter, "Commitment amid Complexity" (1980), p. 47 Gran parte do seu traballo nese momento foi sobre a loita africana pola liberación e o seu impacto no mundo. As obras de Hansberry tamén se ocupaban do seu lesbianismo e da opresión da homosexualidade.

A súa obra máis famosa, A Raisin in the Sun, escrita en 1959, inspirouse na batalla legal emprendida pola súa familia en contra das leis de segregación racial en Chicago durante a súa infancia. O título da obra provén do poema "Harlem" de Langston Hughes: "Que pasa cando se pospón un soño? Sécase como unha pasa ao sol?". Aos vinte e nove anos gañou o New York Drama Critics' Circle Award, sendo a primeira gañadora afroamericanan, a quinta muller e a máis nova.Cheney, Anne. Lorraine Hansberry (Boston: Twayne, 1984). Regenstein Bookstacks, PS3515.A595Z8C51.

O 20 de xuño de 1953, Hansberry casou con Robert Nemiroff, publicista, letrista e activista político xudeu. En 1964, Hansberry e Nemiroff divorciáronse, mais continuaron a traballar xuntos.Carter, "Commitment amid Complexity" (1980), p. 43.

Hansberry faleceu de cancro de páncreas o 12 de xaneiro de 1965, aos 34 anos. James Baldwin afirmou:

Hansberry inspirou a canción "To Be Young, Gifted and Black" da cantante e pianista Nina Simone, e ese foi tamén o título da obra de teatro autobiográfica. Robert Nemiroff doou os efectos persoais e profesionais da súa ex esposa á New York Public Library. Ao facelo bloqueou o acceso a todos os materiais relacionados co lesbianismo de Hansberry, facendo que os biógrafos e estudosos non tivesen acceso a eles durante cincuenta anos. En 2013, a filla de Nemiroff liberou o material restrinxido para Kevin J. Mumford, que explorou a autoidentificación de Hansberry na súa obra posterior.

Obras A Raisin in the Sun (1959) A Raisin in the Sun, guión (1961) "On Summer" (artigo) (1960) The Drinking Gourd (1960) What Use Are Flowers? (escrito c. 1962) The Arrival of Mr. Todog, parodia de Á espera de Godot The Movement: Documentary of a Struggle for Equality (1964) The Sign in Sidney Brustein's Window (1965) To Be Young, Gifted and Black: Lorraine Hansberry in Her Own Words (1969) Les Blancs: The Collected Last Plays / by Lorraine Hansberry. Editado por Robert Nemiroff (1994) Toussaint. Este fragmento dunha obra en proceso inacabada trata sobre as vidas do dono dunha plantación en Haití e a súa esposa que cambian de xeito drástico coa revolución de Toussaint Louverture

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anderson, Michael. "Lorraine Hansberry's Freedom Family". American Communist History 7(2), 2008 Carter, Stephen R. "Commitment amid Complexity: Lorraine Hansberry's Life in Action." MELUS 7(3), Autumn 1980. Consultado o 25 de decembro de 2013, via JStor Higashida, Cheryl. Black Internationalist Feminism: Women Writers of the Black Left, 1955–1995. Urbana: University of Illinois Press, 2011 Wilkins, Fanon Che, "Beyond Bandung: The Critical Nationalism of Lorraine Hansberry, 1950 – 1965." Radical History Review 95, Spring 2006. Consultado o 24 de decembro de 2013 via Duke University Press Ligazóns externas Lorraine Hansberry Literary Trust "The Black Revolution and the White Backlash" (audio with transcript) – speech by Lorraine Hansberry, Forum at Town Hall sponsored by The Association of Artists for Freedom, Nova York, 15 de xuño de 1964 Voices from the Gaps: Women Writers of Color – Lorraine Hansberry, University of Minnesota Sighted Eyes/Feeling Heart documental sobre Hansberry Freedom, 1951–55, New York University digital archive Materials about Lorraine Hansberry in the Richard Hoffman - Lorraine Hansberry collection held by Special Collections, University of Delaware Library

Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Afroamericanos Categoría:Finados por cancro de páncreas