Ievgeni Igorevich Tarelkin, nado en Pervomaiski (Rusia) o 29 de decembro de 1974, é un cosmonauta ruso que formou parte da misión Soiuz TMA-06M e foi membro das expedicións 33 e 34 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Tarelkin graduouse na Academia Iuri Gagarin da Forza Aérea como especialista en operacións de transporte aéreo e xestión de tráfico aéreo. Foi seleccionado como cosmonauta en maio de 2003, adestrando entre xuño de 2003 e xuño de 2005 e participando na misión Soiuz TMA-06M, sendo membro das expedicións 33 e 34 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 143,68 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-06M Expedición 33 Expedición 34 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Rusia