Abraham González Casanova, coñecido como Abraham, nado en Cornellà de Llobregat o 16 de xullo de 1985, é un futbolista catalán que xoga como centrocampista no Ethnikos Achnas da primeira división chipiotra.

Traxectoria Natural de Cornellà de Llobregat, Abraham principiou a súa carreira futbolística no club de fútbol base Fundació Ferran Martorell e de alí pasou á filial do Terrassa FCEl Terrassa presenta els reforços de David Valle i Abraham González. TV3, 19 de xullo de 2004. Disputou un total de 16 partidos co primeiro equipo, na Segunda División B, durante a tempada 2004-2005.

En xullo de 2007 fichou polo FC Barcelona para reforzar o equipo filial e durante a tempada 2007-08 foi un dos titulares indiscutibles do equipo dirixido por Pep Guardiola que logrou o campionato de terceira división e o ascenso a Segunda B. No verán de 2008 viaxou co primeiro equipo á concentración de pretemporada en Escocia, e alí foi que debutou nun amigable diante do Hibernian FC. Pouco despois chegou o seu debut en partido oficial co FC Barcelona nas semifinais da Copa Cataluña perante a UE Sant Andreu.

O resto da tempada 2008-09 seguiu no FC Barcelona Atlètic, con algunha participación puntual co primeiro equipo azulgrana, que esa campaña logrou unha vitoria tripla. O 10 de outubro de 2008 xogou seis minutos da eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do Rei contra do Benidorm CFAbraham González, el tercer hombre de Pep Guardiola. Sports, 30 de outubro de 2008 . O equipo barcelonista tamén o inscribiu para disputar a Liga de Campións da UEFA e convocárono para un partido, co Shakhtar Donetsk, aínda que á fin non saíu ao campo. Completou a tempada debutando na primeira división na última xornada do campionato co Deportivo da Coruña. Abraham saltou ao terreo de xogo no minuto 76', en substitución de Xavi Hernández.

O 12 de xuño de 2009 fíxose oficial a súa fichaxe polo Cádiz CF da segunda división española onde xogou ao longo de toda a tempada pero o descenso do equipo fixo inevitable a súa marcha.Logo de pasar desapercibido por varios equipos da Segunda División como o Gimnàstic de Tarragona ou o SD Ponferradina en menos dun ano, no verán de 2011 fichou pola Agrupación Deportiva Alcorcón e tras dúas boas tempadas, en xullo de 2013, confirmouse a súa fichaxe polo Real Club Deportivo Espanyol e a súa volta á primeira división española.

O 16 de xuño de 2016 o Club Universidad Nacional da Liga MX mexicana fíxose co xogador e anotou o seu primeiro gol co seu novo equipo o 11 de setembro de 2016 no minuto 85 contra o Querétaro, co que asegurou a vitoria do seu equipo por 4-1. O centrocampista barcelonés xogou tres tempadas co equipo. O 12 de xuño de 2018 anunciouse como reforzo do Club de Fútbol Lobos de la Benemérita Universidad Autónoma de Puebla, tras non anovar o CUN o seu contrato. A venda da franquía en xuño de 2019 a Ciudad Juárez deulle a carta de liberdade, e pasou a Veracruz para xogar co Club Deportivo Veracruz.

En xaneiro de 2020 asinou co AEK Larnaca da primeira división chipriotaAbraham González, primer fichaje de Arnal Llibert en Chipre. As, 17 de xaneiro de 2020e o 31 de xaneiro de 2022 mudou de equipo ao pasar ao tamén chipriota Ethnikos Achnas.

Clubs ClubPaísAnosTerrassa FC2004-2007FC Barcelona B2007-2009Cádiz Cf2009-2010Gimnàstic de Tarragona2010-2011SD Ponferradina (cedido)2011Agrupación Deportiva Alcorcón2011-2013Real Club Deportivo Espanyol2013-2016Pumas da UNAM2016-2018Lobos BUAP2018-2019Tiburones Rojos de Veracruz2019AEK Larnaca2020-2022Ethnikos Achnas2022-

Palmarés

Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga de Terceira DivisiónFC Barcelona BEspaña2008Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009Primeira División de EspañaFC BarcelonaEspaña2009

Torneos internacionais TítuloClubPaísAnoLiga de CampiónsFC BarcelonaEspaña2009

Notas

Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Xogadores do AEK Larnaca Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Terrassa FC Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Nados en Cornellà de Llobregat Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Pumas de la UNAM Categoría:Xogadores do Tiburones Rojos de Veracruz