Antonio Vázquez Mouzo, nado en Carballo e finado no Algarve o 3 de abril de 1983, foi un avogado galego.

Traxectoria Era fillo do comerciante de Vimianzo Antonio Vázquez Varela, finado en 1932, e de Manuela Mouzo. Membro do Partido Republicano Conservador durante a Segunda República, foi vicepresidente do Colexio de Avogados da Coruña e presidente do Bergantiños entre 1947 e 1952.

Vida persoal Casou en 1940 con María del Pilar Guillén Madriñán, filla do que fora alcalde de Cee, Argimiro Guillén. Foi pai do tamén avogado Antonio Vázquez Guillén, deputado no Congreso.

Notas

Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1983 Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Presidentes do Bergantiños FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos do Partido Republicano Conservador