Alberto Martín Gamero, nado en San Martín de Montalbán (Toledo) o 5 de maio de 1915 e finado en Madrid o 11 de decembro de 1990, foi un notario e político falanxista español.
Traxectoria Delegado do SEU na Facultade de Dereito de Madrid en 1935, Camisa vieja membro de Falange Española de las JONS, estivo no interior do Alcázar de Toledo durante o asedio ao inicio da guerra civil. Combateu no bando sublevado como alférez provisional. Ao remate da guerra foi xefe provincial de FET y de las JONS de Toledo. Durante a segunda guerra mundial, marchou como voluntario da División Azul á fronte oriental en 1941. Volveu logo de seis meses condecorado coa Cruz de Ferro de segunda clase.
Foi gobernador civil de Soria (novembro de 1944 a marzo de 1946) e de Logroño (marzo de 1946 a febreiro de 1956). A principios de febreiro de 1956 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 3-2-1956, p. 1. A mediados dese mes de febreiro foi nomeado Delegado Nacional de Información de FET y de las JONS.La Noche, 18-2-1956, p. 5. Permaneceu no cargo de gobernador civil de Pontevedra até principios de abril, cando foi substituído por Rafael Fernández Martínez.El Pueblo Gallego, 10-4-1956, p. 1.
Foi procurador nas Cortes franquistas, como conselleiro nacional, entre 1956 e 1964. Desempeñou os cargos de inspector xeral económico-administrativo do Ministerio da Vivenda, secretario xeral técnico do Ministerio da Vivenda, inspector xeral do Ministerio da Vivenda e Inspector Nacional do Ministerio da Vivienda.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Falanxistas Categoría:Gobernadores civís de Soria Categoría:Gobernadores civís da Rioxa Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1990