miniatura|Xogo de gobias para tallar. miniatura|Goiva con cabeza semicircular Unha gobia, goiba, govia ou gubia é unha serie de instrumentos de corte utilizados para esculpir ou tallar madeira.

Etimoloxía Do latín tardío gubĭa , este do latín gubiam , un posíbel préstamo de céltico *gulbi (bico de ave), tamén é a posíbel orixe de varios topónimos e hidrónimos de Asturias ou Galiza, aínda que tamén se apuntan outras orixes (unha acepción do termo é leito do río ) ou mesmo Cataluña e Italia.

Outros termos En galego e portugués existe o verbo gobiar/ goivar, que significa traballar con goiva ou gobia, ou tamén contraer gobia (Curvatura convexa esaxerada das costas, tamén chepa, nesta acepión talvez derivado do latín gibba ou gubbus , “convexidade, corcova”).

En portugués ás veces é usado o termo govia para dar nome a un tipo de arado, con forma similar á ferramenta de gravado ou carpintaría.

Tipos Coa folla curta, é semellante ao cicel, pero a menor escala. As gobias poden ter diferentes formas, cunha folla recta, semiredonda, cun corte no lado convexo, redondeada en forma de "U" ou en forma de "V".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gravado Xilografía Carpintería

Categoría:Ferramentas Categoría:Carpintaría