A gramática de lingua franca nova (elefen) é unha simplificación da gramática común das linguas romances española, francesa, italiana, catalá e portuguesa. Parécese á dos crioulos das linguas romances como o haitiano, o caboverdiano, o papiamento e o chavacano.
Alfabeto e pronuncia Alfabeto O elefen utiliza o alfabeto máis coñecido do mundo: o latino.Spele e pronunsia
Minúsculas a b c d e f g h i j l m n o p r s t u v x z Maiúsculas A B C D E F G H I J L M N O P R S T U V X Z
K, Q, W e Y non aparecen nos nomes comúns. Utilízanse para conservar a forma orixinal dos nomes propios así como dos nomes escritos en linguas estranxeiras.
Nunhas cen palabras internacionais de orixe non románica, podemos escribir W no canto de U, e Y no canto de I, para presentar unha ortografía máis fácil de recoñecer: ioga/yoga, piniin/pinyin, sueter/sweter, ueb/web. Á parte destes casos, usamos K, Q, W e Y só para conservar as formas orixinais de nomes propios e de palabras estranxeiras.
O H non é común pero pódese atopar en nomes técnicos e culturais.
Maiúsculas A maiúscula utilízase ao principio da oración, así como nos nomes propios. Cando un nome propio está formado por varias palabras, cada unha delas empeza con maiúscula, menos as palabras como la ou de: Persoas reais ou imaxinarias, así como animais personificados e cousas Maria, San Paulo, Barack Obama, Seniora Braun, Jan de Hartog, Oscar de la Renta, Mickey Mouse Organizacións; por exemplo: sociedades e asociacións Ikea, Nasiones Unida, Organiza Mundal de Sania Territorios políticos; por exemplo: nacións, estados e cidades Frans, Atina, Site de New York, Statos Unida de America Lugares xeográficos; por exemplo: ríos, océanos, lagos, montañas la Alpes, Rio Amazon, Mar Atlantica Letras do alfabeto E, N
Pero, para os títulos das obras de arte, así como das obras literarias, tan só leva maiúscula a primeira palabra (así como os nomes propios, se os contén): Un sonia de un note de mediaestate – Soño dunha noite de verán La frates Karamazov – Os irmáns Karamazov Tocata e fuga en D minor – Tocata e fuga en re menor
Algunhas veces, como nos anuncios, as maiúsculas úsanse para SALIENTAR palabras ou frases enteiras.
O elefen utiliza minúsculas onde algunhas linguas utilizarían maiúsculas: Días da semana lundi, jovedi – luns, xoves Meses marto, novembre – marzo, novembro Días festivos natal, ramadan, pascua – Nadal, Ramadán, Pascua Séculos la sentenio dudes-un – o século XXI Linguas e pobos catalan, xines – o catalán, o chinés Abreviacións lfn, pf
Nomes das letras As seguintes sílabas son os nomes das letras no discurso, por exemplo, cando se deletrea unha palabra: a be ce de e ef ge hax i je ka el em en o pe qua er es te u ve wa ex ya ze
Os seus nomes pódense poñer en plural: as, bes, efes.
Ao escribir, un pode presentar a letra tal cal, en maiúscula ou engadindo -s para o plural: La parola “matematica” ave tre As, du Ms (pronunciada emes), e un E. – A palabra «matemática» ten tres as, dous emes e un e.
Frases A maioría das frases en elefen conteñen un grupo verbal, que representa xeralmente unha acción. Un grupo verbal consiste nun verbo e nos modificadores, tales como adverbios ou grupos preposicionais.
Suxeito e obxecto Os dous sintagmas nominais máis importantes son o suxeito e o obxecto. O seu sentido preciso depende do verbo, pero, grosso modo, o suxeito é o que realiza a acción, e o obxecto, o que está directamente relacionado con ela.
En elefen, o suxeito precede sempre ao verbo e o obxecto vai detrás: La gato xasa la scural. – O gato (suxeito) … caza (verbo) … o esquío (obxecto). La can dormi. – O can (suxeito) … dorme (verbo).
Nalgúns casos, por estilo ou clarificación, pódese poñer o obxecto do verbo ao comezo da frase. Nestes casos, o obxecto debe estar seguido dunha coma, e un pronome para o obxecto que é usado despois do verbo: La gatos, me no gusta los. – Os gatos, non me gustan eles.
A maioría dos verbos necesitan un suxeito, pero hai moitos que non necesitan un obxecto.
Complementos O atributo é un elemento frecuente na frase. Trátase dun elemento descritivo complementario, o cal pode ir precedido de verbos como es (ser/estar), deveni (converterse), pare (parecer) e resta (permanecer): Computadores es macinas. – Os computadores (suxeito) … son (verbo) … máquinas (atributo). La aira pare umida. – O aire (suxeito) … parece (verbo) … húmido (atributo). La patatas ia resta calda. – As patacas (suxeito) … permanecen (verbo) … quentes (atributo). La idea es ce tu canta. – A idea (suxeito) … é (verbo) … que ti cantes (atributo: proposición).
Preposicións Outro elemento importante na frase é o grupo preposicional, que necesita un substantivo ou verbo que o preceda ou o una á frase.
Me dona a tu esta poma. – Eu douche esta mazá Eu (suxeito) dou (verbo) che (grupo preposicional) esta mazá (obxecto)
Proposicións Algunhas frases conteñen tamén proposicións, que son como pequenas frases no interior da frase principal (proposicións subordinadas). Poden modificar aos sintagmas nominais, os sintagmas verbais ou a oración principal: La om ci ia abita asi ia vade a Paris. – O home que vive aquí foise a París. El va visita en julio, cuando la clima es bon. – Visitará en xullo, cando faga bo. On no ia permete me fa la cosas como me ia desira. – Non me deixaba facer as cousas como eu quería. Me pensa ce el es bela. – Penso que é bela.
Substantivos Os substantivos adoitan ser introducidos por determinantes, e poden ir seguidos de adxectivos e de grupos preposicionais, para crear un grupo nominal. Os substantivos representan os obxectos físicos, tales como persoas, lugares ou cousas pero igualmente representan conceptos abstractos, similares gramaticalmente.
Plural Engádese - s ao substantivo para formar o plural. Se o substantivo en singular termina en consoante, engádese -es. A terminación do plural non modifica a acentuación da palabra: gato, gatos – gato, gatos om, omes – home, homes
Os adxectivos, que modifican un substantivo, non cambian en plural. Pero se os empregamos como substantivos, débese engadir a marca de plural cando sexa necesario: la bones, la males, e la feas – os bos, as malas e as feas multe belas – moi bonitos/bonitas
Algúns substantivos, plurais noutras linguas, son singulares en elefen: El regarda un sisor con un binoculo. – El mira unhas tesoiras cuns prismáticos. On usa un bretela per suporta sua pantalon. – Utilízanse os tirantes para suxeitar os pantalóns. Me ia compra esta oculo de sol en Nederland. – Comprei estas lentes de sol nos Países Baixos.
Substantivos contables e non contables Do mesmo xeito que en moitas outras linguas, o elefen distingue substantivos contables e incontables. Un substantivo contable pode ser modificado por un número e toma a -s do plural. Os substantivos contables representan en xeral os obxectos físicos, identificables individualmente, tales como casas, gatos ou pensamentos: Por exemplo: un auto; la autos; cuatro autos – un coche; os coches, catro coches un gato; multe gatos; un milion gatos – un gato; moitos gatos; un millón de gatos
Pola contra, os substantivos non contables non toman en xeral o - s do plural. Os substantivos non contables representan en xeral as masas sen individualidade definida, tales como líquidos (auga, zume), po (azucre, area), substancias (metal, madeira), ou calidades abstractas (elegancia, lentitude). Cando os modifican un número ou un cuantitativo, engádeselles unha unidade de medida para aclarar. Por exemplo: la acua; alga acua; tre tases de acua – auga; algo de auga; tres cuncas de auga lenio; multe lenio; du pesos de lenio – madeira; moita madeira, dous troncos de madeira
Pódense utilizar substantivos non contables como contables. Trátase de situacións particulares: Du cafes, per favore. – Dous cafés, por favor. Me ia proba multe cesos. – Probei moitos queixos. On no pote compara la belias de Paris e Venezia. – Non se poden comparar as belezas de París e Venecia.
Xénero Os substantivos non adoitan indicar o seu xénero. Para distinguilos, utilízanse os adxectivos mas e fema: un cavalo mas – un cabalo un cavalo fema – unha egua
Con todo, para algúns nomes de parentesco, o masculino toma un -o e o feminino un -a: avo, ava – avó, avoa fio, fia – fillo, filla neto, neta – neto, neta sobrino, sobrina – sobriño, sobriña sposo, sposa – esposo, esposa tio, tia – tío, tía xico, xica – mozo, moza
Pero para algunhas parellas utilízanse nomes diferentes para cada sexo: cavalor, dama – cabaleiro, dama dio, diva – deus, deusa om, fem – home, muller padre, madre – pai, nai re, rea – rei, raíña senior, seniora – señor, señora frate, sore – irmán, irmá
O sufixo -esa é raro e serve para formar a variante feminina dalgunhas condicións sociais históricas: abade, abadesa – abade, abadesa baron, baronesa – barón, baronesa conte, contesa – conde, condesa duxe, duxesa – duque, duquesa imperor, imperoresa – emperador, emperatriz marci, marcesa – marqués, marquesa prinse, prinsesa – príncipe, princesa tsar, tsaresa – tsar, tsarina
Grupos nominais Un grupo nominal consiste nun substantivo e os seus modificadores: determinantes, que preceden o substantivo, e os adxectivos e grupos preposicionais, que lle seguen.
Os dous grupos nominais principais na oración son o suxeito e o obxecto. O suxeito precede o verbo, e o obxecto séguelle. Outros grupos nominais son habitualmente introducidos por preposicións para aclarar o seu papel.
Un grupo nominal debe normalmente conter un determinante – ás veces, simplemente unha marca de plural -s. Pero esta regra non se aplica aos nomes propios, nin aos días da semana, nin aos meses nin ás linguas nin aos substantivos non contables: Desembre es calda en Australia. – Decembro é caloroso en Australia. Nederlandes es mea lingua orijinal. – O neerlandés é a miña lingua materna. Me gusta pan. – Gústame o pan.
Reláxase a regra cando o grupo nominal segue a unha preposición, sobre todo nas expresións fixas: El es la comandor de polisia. – É o xefe de policía. Me no gusta come bur de aracide. – Non me gusta a crema de cacahuetes. Nos vade a scola. – Imos á escola. Acel es un problem sin solve en matematica. – É un problema sen solución en matemáticas. Un virgula pare nesesada per claria. – Unha coma parece necesaria para aclarar.
Un adxectivo ou determinante pode ser modificado por un adverbio que o precede. Tendo en conta que son parecidos aos adxectivos, nunha enumeración, están separados por unha coma ou por e. Ao falar, é a melodía da oración a que marca a diferenza: Sola un poma multe putrida ia resta. – Tan só queda unha mazá podre. Me ia encontra un fem bela, joven, e intelijente. – Atopei unha muller bela, nova e intelixente.
Ás veces un substantivo utilízase para simbolizar un membro calquera da súa clase. Neste caso, pouco importa se se utiliza la ou un, ou se o substantivo se atopa en singular ou en plural. La arpa es un strumento musical. – A arpa é un instrumento musical. Un arpa es un strumento musical. – Unha arpa es un instrumento musical. Arpas es strumentos musical. – As arpas son instrumentos musicais. Un pronome é unha variante particular dun grupo nominal. Normalmente, non se pode modificar.
Aposición Dinse que dous grupos nominais atópanse en aposición cando o segundo segue directamente ao primeiro e os dous representan á mesma persoa ou cousa. Na maioría dos casos, o segundo identifica a persoa ou cousa: la Rio Amazona – o río Amazonas la Mar Pasifica – o océano Pacífico la Isola Skye – a illa Skye la Universia Harvard – a Universidade de Harvard la Funda Ford – a Fundación Ford Re George 5 – O rei George V San Jacobo major – San Jacobo o Maior Piotr la grande – Pedro o Grande mea ami Simon – o meu amigo Simon la parola “inverno” – a palabra “inverno” la libro La prinse peti – o libro O Principiño