Peter Gordon MacKay, nado en Nova Glasgow (Nova Escocia) o 27 de setembro de 1965, é un político canadense. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 2006 e 2007, Ministro de Defensa entre 2007 e 2013, foi, entre o 15 de xullo de 2013 e o 2 de agosto de 2015, Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá. Traxectoria

Peter MacKay é licenciado en dereito e en 1991 foi chamado para a avogacía de Nova Escocia. Exerceu como avogado pero tamén como maxistrado en diversas xurisdicións.

Foi elixido por primeira vez para a Cámara dos Comúns do Canadá en xuño de 1997, con respecto á circunscrición de Pictou-Antigonish-Guysborough, baixo as cores do Partido Conservador Progresista do Canadá. Foi reelixido en novembro de 2000.

O 31 de maio de 2003, sucedeu ao ex primeiro ministro Joe Clark como líder do Partido Progresista Conservador. En agosto de 2003 publicouse unha enquisa de Ipsos-Reid, que indicaba que o apoio ao partido caería, en tres meses, desde o 19% ao 12% na opinión pública canadense.

Foi o último líder do Partido Conservador Progresista do Canadá (PC). En decembro de 2003 apoiou a fusión do partido coa Alianza Canadense para formar o novo Partido Conservador do Canadá.

Foi reelixido nas eleccións federais canadenses de 2006. O 6 de febreiro de 2006, xurou no despacho do primeiro ministro Stephen Harper o cargo como Ministro de Asuntos Exteriores. Despois converteuse en Ministro de Defensa Nacional e Ministro responsable da Axencia de Oportunidades do Canadá Atlántico. Durante a remodelación do gabinete en xullo de 2013, Peter MacKay convértese en Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá.

O 15 de xaneiro, MacKay anunciou a súa candidatura para a carreira de liderado conservador de 2020 e foi derrotado por Erin O'Toole na terceira votación para o liderado, tras o que se retirou da política activa.

Críticas

Foi criticado por cometer un erro ao falar das provincias que comparten fronteira con California en 2011 durante un discurso tras a aparición de Arnold Schwarzenegger en Winnipeg.

Peter MacKay tamén foi criticado polo seu mal dominio da lingua francesa, a segunda lingua do Canadá e a principal no Quebec..

Comisións da Cámara dos Comúns Na Cámara dos Comúns do Canadá, Peter MacKay foi membro:

durante a 36 lexislatura (1997-2002), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos e diversas subcomisións, durante o 38 Parlamento (2002-2004), a Comisión Permanente de Xustiza e Dereitos Humanos (rebautizada, durante o 3 Sesión, Comisión Permanente de Xustiza, Dereitos Humanos, Seguridade Pública e Preparación ás Emerxencias), e diversas subcomisións, durante a 38 lexislatura (desde 2004), dúas subcomisións.

Galería de imaxes

Vida persoal Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación con Condoleezza Rice; a Secretaria de Estado negou o romance pero afirmou que el fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que planeaba deixar.

O 4 de xaneiro de 2012, casou coa activista e cantante Nazanin Afshin-Jam, sendo daquela Ministro de Xustiza e Fiscal Xeral do Canadá, nunha cerimonia privada en México. A parella ten dous fillos varóns, un chamado Kian, nado en 2013 e outro Caledon, nado en 2018 e unha filla chamada Valentia, nada en 2015.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial de Peter MacKay Recensión biográfica — Sitio web do Partido Conservador Experiencia en política federal — Biblioteca do Parlamento Nota biográfica — Páxina web do Departamento de Xustiza

Categoría:Políticos conservadores Categoría:Políticos do Canadá Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Nova Escocia