«Waiting for Love» é unha canción realizada polo disc jockey e produtor sueco Avicii. Conta coa colaboración, aínda que sen acreditar, do produtor neerlandés Martin Garrix, e de Simon Aldred, o cantante da banda inglesa de rock alternativo Cherry Ghost. Incluída en Stories, o segundo álbum de Avicii, foi lanzada como sinxelo o 22 de maio de 2015 en formato dixital a través da discográfica Universal Music. Liderou as listas de Suecia, Noruega e Austria, e situouse nos primeiros vinte postos de varias listas europeas e en Australia.
Historia A canción soou por primeira vez no Ultra Music Festival de 2015. Antes da súa publicación críase que era unha colaboración entre Avicii e Garrix coa voz de John Legend. Despois de varios vídeos e publicacións en Twitter, ambos produtores admitiron a colaboración mais desmentiron a participación de Legend. Máis tarde desvelouse que a voz era de Simon Aldred, o vocalista da banda Cherry Ghost.
Vídeo musical O vídeo musical está dirixido por Sebastian Ringler. O protagonista, un ancián (Sten Elfström), vai buscar a súa dona (Ingrid Wallin), quen marchara da casa. Viaxa no seu scooter e pasa por moitas aventuras, até que acaba por atopala nunha aldea."Waiting For Love" MDR Jump
O 28 de maio de 2015 publicouse un vídeo en 360° dirixido por Kurt Hugo Schneider, no que aparecen bailaríns executando unha coreografía.
Certificacións PaísOrganismo certificadorCertificaciónVendasRef. AlemañaBVMIOuro200 000 AustraliaARIA2× Platino140 000 AustriaIFPI AustriaOuro15 000Para visualizar as certificacións escribir "Avicii" na barra "Interpret" e premer "Suchen": BélxicaBEAPlatino30 000 CanadáMusic CanadaPlatino80 000 DinamarcaIFPI DinamarcaPlatino30 000 EspañaPROMUSICAE2x Platino80 000 Estados UnidosRIAAOuro500 000 ItaliaFIMI2× Platino100 000 Nova ZelandiaRIANZOuro7 400 PoloniaZPAV3× Platino60 000 Reino UnidoBPIOuro400 000 SueciaIFPI Suecia7× Platino280 000
Notas
Categoría:Cancións en lingua inglesa Categoría:Sinxelos de 2015