Hérilo (latín: Herillus, grego: Ἥριλλος) foi un filósofo estoico romano nado en Cartago, discípulo de Zenón de Citio.
Traxectoria
Non se limitou nas súas opinións a seguir literalmente ao mestre, senón que algunhas das súas doutrinas diferían (e opoñíanse) ás de Zenón. Para el o principal ben era o coñecemento ἐπιστήμη. Este concepto foi mesmo atacado por Cicerón, quen di que as súas ideas foron iamdiu fracta et extincta ("hai moito tempo rexeitadas e rematadas") e tamén por Cleantes.
Escribiu algúns libros, que segundo Dióxenes Laercio eran curtos pero con moita forza: Περὶ ἀσκήσεως, Περὶ παθῶν, Περὶ ὑπολήψεως, Νομοθέτης, Μαιευτικός, Ἀντιφέμων διδάσκαλος, Διασκενάζων, Εὐθύνων, Ἑρμῆς, Μήδεια, Διαλογοι, e Θέσεις ἠθικαί
Notas
categoría:Filósofos da Grecia antiga categoría:nados en Tunisia categoría:nados no século -III categoría:finados no século -III