Johnathan Landus Motley, nado o 4 de maio de 1995 en Houston, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Fenerbahçe SK turco.
Traxectoria profesional Tras non ser seleccionado no Draft da NBA de 2017, Motley asinou cos Dallas Mavericks, repartindo os seus partidos entre os Mavs e o seu afiliado na NBA G League, os Texas Legends. Motley debutou na NBA o 14 de decembro de 2017, facendo 4 puntos en dous minutos de xogo na derrota por 112–97 contra os Golden State Warriors.
O 23 de xullo de 2018, Motley foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Renaldas Seibutis ós Los Angeles Clippers, a cambio dos dereitos do Draft de Maarty Leunen.
O 3 de agosto de 2021, Motley asinou co PBC Lokomotiv Kuban ruso. Deixou o equipo tras a invasión rusa de Ucraína de 2022.
O 20 de xuño de 2022, Motley asinou co Fenerbahçe SK turco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)