Ronfe é unha aldea e parroquia portuguesa do concello de Guimarães, sede da fregresía de Ronfe que ten 5,02 km² de superficie e 4462 habitantes (2011), tendo así unha densidade de poboación de 888,8 hab./km².
Historia Foi sede de concello (Couto de Ronfe ou Couto de Vermil) até 1834. O pequeno municipio estaba formado polas freguesías de Ronfe, Vermil, parte de Mogege, e tiña, en 1801, 853 habitantes. Foi o seu último xuíz-presidente, Juliano Ribeiro Bernardes, e o último presidente electo Bento Custodio Machado.
A localidade de Ronfe foi elevada á categoría de vila o 13 de maio de 1999. É unha vila chea de intereses históricos. No libro de José Hermano Saraiva, especúlase que a batalla de S. Mamede tivo lugar en Ronfe, na zona da Quinta de S. Miguel. A igrexa parroquial foi comezada antes das guerras napoleónicas e finalizada en 1825.
Na cultura popular Camilo Castelo Branco menciona varias veces a Ronfe nos seus contos e novelas.
Como se pode ler no Discurso sobre a conquista de Pegu (cap. III) de Manuel de Abreu Mousinho, o capitán e aventureiro portugués Salvador Ribeiro de Sousa (ou Salvador Dias Ribeiro), ás veces chamado "Massinga", activo en Birmania a principios do século XVII, naceu no Couto de Ronfe, para a quen, segundo o citado autor "os nativos de Pegu elixiron para o seu rei no ano 1600 "e polo tanto coñecido xeralmente como "rei de Pegu".
En Ronfe naceu e adestraba Aurora Cunha, atleta tricampeoa mundial nos anos 80 e 90 e gañadora de varios maratóns internacionais como os de París, Toquio, Chicago, etc., a pesar de que aos seus pais "non lles parecía ben que andase a ensinar as pernas pola vila".
Poboación Poboación da freguesia de Ronfe (1864 – 2011) Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 984 979 1 109 1 317 1 177 1 062 1 261 1 699 2 141 2 647 2 958 3 373 3 499 4 487 4 462 Notas
Véxase tamén
Lista de municipios de Portugal con vieiras no escudo
Categoría:Vilas de Portugal Categoría:Distrito de Braga