O queixo Harzer (en ) é un queixo elaborado con leite agre, semidesnatado, que só contén unha pequena porcentaxe de graxa (similar ao queixo quark) fabricado segundo métodos tradicionais, de acordo coa regulamentación alemá relativa aos procesos de fabricación de queixo.Mikko Pesälä, Parlamento Europeo, Relatorio da Comisión da Agricultura e do Desenvolvemento Rural, 2001.
É moi celebrado nalgunhas partes de Alemaña. Orixinariamente provén dos arrededores do Parque Nacional do Alto Harz, ao sur de Braunschweig.Juliett Harbutt (2009): World Cheese Book. Nova York: DK Publishing. ISBN 978-0-7566-5442-9.
É característico polo seu forte olor e o seu aroma picante.
Aparencia e características miniatura|Varios tipos de queixos Hazer Este queixo adoita ofrecerse en pezas cilíndricas planas, duns 5 cm de diámetro. Estas pezas adoitan envasarse aliñadas formando un rolo, polo que ás veces chámase Harzer Roller.
Un condimento moi típico neste queixo é o comiño, aínda que existen diferentes variantes: Harzer Käse recuberto dunha capa branca que conténe fungos brancos. Harzer Käse recuberto dunha capa de fungos vermellos denominada Rotschmiere.
Ambas as formas teñen un olor moi forte, sendo a segunda de sabor máis forte que a primeira.
O tempo de maduración deste queixo vai desde uns días até unhas semanas. Se non alcanzara a maduración, notaríase en que tería un centro cru.
Usos gastronómicos Cómese habitualmente con pan ou con mostaza, así como con cogombros en vinagre.
Produción En 2001 a produción de queixos de leite acidificado na Alemaña ascendeu ás 30 000 toneladas anuais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Leite Queixo Queixo quark Lista de queixos do mundo
Categoría:Queixos Categoría:Gastronomía de Alemaña Categoría:Queixos de Alemaña Categoría:Queixos de leite de vaca Categoría:Baixa Saxonia