As montañas de Aïr ou o macizo de Aïr (en ; hausa: oriental Azbin, occidental Abzin) é un macizo triangular localizado no norte de Níxer, no deserto do Sáhara. Forman parte da ecorrexión do monte xerófilo do Sáhara Occidental, e elévanse a máis de 1.800 metros de altitude e esténdense por máis de 84 000 km². Localizadas no medio do deserto, ao norte do paralelo 17, o val de Aïr, cunha altitude de entre 500 e 900 metros, forma unha illa climática no Sahel que permite unha ampla variedade de vida, unha diversidade de coumunidades pastorais e agrícolas, e rechamantes lugares xeolóxicos e arqueolóxicos. Existen salientables lugares arqueolóxicos na rexión, indicativos dun pasado prehistórico na rexión. O licaón (Lycaon pictus) que se encontra en perigo de extinción, habitou outrora nesta rexión, mais podería ter desaparecido da zona como consecuencia da superpoboación.C. Michael Hogan. 2009. Painted Hunting Dog: Lycaon pictus, GlobalTwitcher.com, ed. N. Stromberg

A área foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1991, xunto co Teneré, formando parte das Reservas naturais de Aïr e de Teneré, que abranguen unha extensión de 7.736.000 ha. En 1992, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xeografía de Níxer Categoría:Sáhara