Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia (en , en ) é o meirande parque nacional do mundo e a novena área protexida por superficie (só superada por áreas protexidas marítimas). Estabelecido en 1974 e ampliado até o seu tamaño actual en 1988, protexe 972 000 km²Statistics Greenland, Greenland in Figures, 2009 do interior e da costa nordeste de Groenlandia. Supera en superficie á maioría dos países do mundo, agás 29. Foi o primeiro parque nacional creado en Dinamarca e tamén o máis setentrional do mundo.

Xeografía O parque limita, case en liña recta, co concello de Sermersooq polo sur e co de Avannaata polo oeste, coincidindo parcialmente co meridiano 45 oeste. O interior ocúpao a capa de xeo de Groenlandia, mais tamén hai grandes zonas libres de xeo na costa e na península da terra de Peary, ao norte.

Ao igual que o resto do Ártico, o parque sofre unha alarmante perda de xeo por mor do quecemento global.Ramskov, Jens. "Climate models underestimate the melting of the ice cap " In English Ingeniøren, 26 de decembro de 2014. Data de acceso: 26 de decembro de 2014.

Fauna Estímase que hai entre 5 000 e 15 000 bois almiscreiros, así como numerosos osos polares e morsas, que se atopan na parte costeira do parque. En 1993, estimábase que o 40% da poboación mundial de boi almiscreiro vivía na zona. Entre outros mamíferos que se poden atopar no parque, destacan o raposo ártico, o armiño, o lemming de colar, a lebre ártica e unha poboación pequena pero importante de lobo de Groenlandia. Entre as especies mariñas, pódense atopar a foca anelada, a foca barbuda, a foca de Groenlandia, a foca de capelo, o narval e a beluga.

Entre as aves que crían no parque destacan a movella grande, o ganso sangano, o ganso bicocurto, o eider, o éider real, o falcón albar, o bufo nival, o pilro bulebule, o Lagopus muta e o corvo grande.miniatura|Iceberg no parque nacional.|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do parque nacional

Categoría:Parques nacionais de Groenlandia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1974