Berta de Savoia, tamén coñecid como Berta de Turín, nada o 21 de setembro de 1051 e finada en Maguncia o 27 de decembro de 1087, foi a primeira esposa do emperador Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico, raíña de Alemaña e emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Está enterrada na catedral de Espira.

Traxectoria Berta de Savoia era filla de Otón I de Savoia e de Adelaida de Susa.

Os seus avós maternos eran Ulrico Manfredo II de Turín e Berta de Obertenghi.

De nena, durante o reinado de Henrique III, Emperador o Negro emperador do Sacro Imperio, seu fillo Henrique (o futuro Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico) e Berta se comprometeron een matrimonio o 25 de decembro de 1055 en Zürich.Robinson, Henry IV, p. 25

A voda tivo lugar o 13 de xullo de 1066 en Trebur.Robinson, Henry IV, pp. 60f.

Mentres que Berta se namorou de Henrique, este viu á súa muller con aversión. Aínda que aparentemente era unha bela muller xove, o cronista saxón Bruno, un declarado opoñente do emperador, informou sobre a continua infidelidade deste: «Tiña dúas ou tres Kebsweiber (concubinas) ao mesmo tempo, ademais de [a súa esposa], pero este non estaba contento. [...] Súa bela e nobre esposa Berta [...] foi de tal maneira odiada que el só a vía o necesario, xa que Henrique non celebrara a voda pola súa propia vontade».Bruno of Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum, p. 16.

Berta morreu o 27 de decembro de 1087 en Maguncia.

Fillos Do seu matrimonio con Henrique tivo cinco fillos:

Adelaida (1070 – 4 de xuño de 1079). Henrique (1071 – 2 de agosto de 1071). Inés de Alemaña (1072/73 – 24 de setembro de 1143). Conrado (12 de febreiro de 1074 – 27 de xullo de 1101), máis tarde rei de romanos e emperdor do Sacro Imperio. Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (8 de xaneiro de 1086 – 23 de maio de 1125), máis tarde rei de romanos e emperador do Sacro Imperio.

miniatura|esquerda|100px|Escudo dos Hohenstaufen

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bruno de Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum, en Brunos Buch vom Saxonkrieg, ed. H-E. Lohmann, MGH Dt. MA 2 (Leipzig, 1937), accessíbel en liña en: Monumenta Germaniae Historica (en latin) Bruno de Merseburg, Brunonis Saxonicum bellum. Brunos Sachsenkrieg, en Quellen zur Geschichte Kaiser Heinrichs IV., ed. and trans. F-J. Schmale (Darmstadt, 1968), pp. 191–405. (en alemán) I. S. Robinson (2003): Henry IV of Germany, 1056–1106. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5215-4590-7.

Outros artigos Dinastía Hohenstaufen

Categoría:Nobres de Italia Categoría:Dinastía salia Categoría:Casa de Savoia Categoría:Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Nados en 1051 Categoría:Finados en 1087