Karl Harry Pribram, coñecido como Karl H. Pribam ou Karl Pribram, nado en Viena o 25 de febreiro de 1919 e finado o 19 de xaneiro de 2015, foi un médico e académico austríaco, profesor de psiquiatría e psicoloxía en varias universidades americanas, entre elas a Universidade de Stanford e a de Georgetown.
Traxectoria Os seus estudos máis importantes refírense ao cerebro humano e ao sistema nervioso: en particular, axudou a definir a natureza do sistema límbico e a relación entre este e a cortiza frontal.
É coñecido principalmente por desenvolver, en colaboración co físico David Bohm, o chamado "modelo holográfico do cerebro da función cognitiva", que el chamou "modelo holonómico do cerebro" e tamén coñecido como "modelo holográfico de Pribram e Bohm" ou como " paradigma holográfico".
Con este modelo, Pribram teorizou que a información, e polo tanto tamén os recordos, almacenados no noso cerebro non están "rexistrados" nas neuronas, senón que son o resultado de patróns de ondas interferentes, explicando así a capacidade do cerebro para almacenar unha enorme cantidade de información nun espazo relativamente pequeno.
Durante as décadas de 1940 e 1950, Pribram contribuíu ao estudo e comprensión do papel dos ganglios basais na organización das emocións e motivacións. Tamén descubriu os sistemas sensoriais da zona do cerebro chamado córtex asociativo sensorial (tamén chamado córtex cerebral posterior ou córtex de asociación), e mostrou como funcionan estes sistemas para organizar as eleccións que facemos entre os estímulos sensoriais, e non só para a detección dos propios estímulos.
Pasamento Morreu de cancro na súa casa de Virxinia.
Obras
Autor Karl H. Pribram, Brain and behaviour, Hammondsworth, Penguin Books, 1969 (ISBN 978-0-14-080521-5, LCCN 71496991) Karl Pribram, Languages of the brain; experimental paradoxes and principles in neuropsychology, Englewood Cliffs, N. J., Prentice Hall, 1971 (ISBN 978-0-13-522730-5, LCCN 73163862) (en) Karl Pribram et Gill, Morton M., Freud's "Project" re-assessed : preface to contemporary cognitive theory and neuropsychology, Nova York, Basic Books, 1976 (ISBN 978-0-465-02569-5, LCCN 74025917) Karl Pribram, Brain and Perception: Holonomy and Structure in Figural Processing, Hillsdale, N. J., Lawrence Erlbaum Associates, 1991, 388 p. (ISBN 978-0-89859-995-4, LCCN 89071539
Coautor George Miller et Galanter, Eugene, & Pribram, Karl, Plans and the structure of behavior, Nova York, Holt, Rinehart and Winston, 1960, 10ª ed. (ISBN 978-0-03-010075-8, LCCN 60007982) Gordon G. Globus et Pribram, Karl H., & Vitiello, Giuseppe, Brain And Being; At The Boundary Between Science, Philosophy, Language, And Arts (Advances in Consciousness Research, 58), Filadelfia, John Benjamins Publishing Co., 30 de setembro de 2004, 350 p. (ISBN 978-1-58811-550-8)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lynne Mc Taggart, L'Univers informé, ed. Ariane, 2006
Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en 1919 Categoría:Académicos de Austria Categoría:Médicos de Austria