miniatura|Triente de ouro procedente da ceca bracarense, na que se representa a Vitiza como rei. O Sólido Galego, ou Soldo Galego, foi unha moeda existente no Reino de Galiza entre, cando menos, os séculos IX e XII.
Historia As últimas moedas emitidas na Galiza altomedieval, foron as cuñadas polo rei visigodo Vitiza desde as cecas de Braga e Lugo. Desde aquela, nos inicios do século VII, até o tempo do rei Afonso VI, a finais do século XI, non se acharon moedas en Galiza asinadas por un poder político local recoñecíbel. Porén, a documentación medieval fai repetidas referencias aos soldos ou sólidos galegos. Estas mencións transcríbense baixa diversas denominacións: gallicanos, gallicenses, gallicanus etc. Existindo mesmo unha, achada nun documento de Guimarães datado en 924, que engade a frase "usui terre nostre", é dicir de uso na nosa terra.
Os primeiros investigadores que repararon na existencia destas moedas, caso do catalán Jaume Vicens i Vivens, supuxéronlles unha procedencia gala (francesa). Este feito foi axiña posto en cuestión por outros, como Claudio Sánchez-Albornoz. Este autor, ignorante da existencia dun reino galego medieval, interrogábase naquelas datas sobre o motivo de aparecer esta moeda propia só nas actuais Galiza e norte de Portugal, entanto que en Castela e León, na súa concepción núcleo do reino dos cristiáns peninsulares, non existiren ningunha.
No ano 1944, o especialista en numismática Wilhelm Reinhart, atribuíu unha procedencia sueva os soldos galegos. Esta teoría é seguida na actualidade pola meirande parte da historiografía moderna. Porén, para algúns investigadores resulta inverosímil acreditar que, após séculos de demostradas emisións, non se labrase moeda en Galiza nun período de 400 anos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Historia da moeda en Galicia.
Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Numismática de Galicia