Heinrich Boie, nado en Meldorf, Holstein, 4 de maio de 1794 e finado en Buitenzorg (hoxe Bogor, na illa de Xava) o 4 de setembro de 1827, foi un zoólogo alemán.

Traxectoria Heinrich Boie era fillo do escritor Heinrich Christian Boie, e irmán do zoólogo Friedrich Boie. Estudou Dereito na Universidade de Kiel e na Universidade de Gotinga, e nesa época interesouse na historia natural a través das conferencias de Johann Friedrich Blumenbach en Gotinga, e máis tarde por Friedrich Tiedemann en Heidelberg, intereouse pola bioloxía.

En 1821 Coenraad Jacob Temminck nomeouno conservador do Museo de Historia Natural (Rijksmuseum van Natuurlijke Historie) de Leiden. En 1825 viaxou a Xava con Salomon Müller para recollear espécimes para o Museo.

Pouco despois de asumir o cargo, Boie comezou a escribir unha herpetoloxía de Xava, baseándose nas coleccións de Carl Reinwardt, Heinrich Kuhl e Johan Coenraad van Hasselt, todos eles membros da Comisión de Historia Natural das Indias Orientais Neerlandesas.

Despois da morte de Kuhl, Boie foi elixido para substituílo en Xava. Alí morreu Boie pola enfermidade tropical da malaria.

Aínda que Boie xa rematara a súa "Herpetoloxía" antes da súa marcha, non a publicara. Foi publicado en extractos en 1826 polo seu sucesor Hermann Schlegel. Schlegel tamén publicou cartas de Boie nas que describía novas especies. O irmán de Heinrich, Friedrich Boie, tamén se preocupou de que algúns dos seus artigos aparecesen despois da súa morte.

Algunhas publicacións Heinrich Boie: Merkmale einiger japanischen Lurche. En: Isis von Oken. Volume 19, 1826, pp. 203–216 Heinrich Boie en Hermann Schlegel: Notice sur l’Erpétologie de l’île de Java.

Honores Epónimos En 1843, Salomon Müller dedicoulle as especies Myzomela boieiSalomon Müller, S. 172, Tafel 10, Figur 1 & 2. e Viverra boiei.

A especie Lesstris boji, descrita por Christian Ludwig Brehm en 1824 é hoxe sinónimo do papamerdas do Ártico, Stercorarius parasiticus (Linnaeus, 1758), foi dedicada a el e ao seu irmán Friedrich.Christian Ludwig Brehm, S. 991.

Picus boiei Wagler, 1827, tamén chamado na súa honra,Johann Georg Wagler, S. 15. considérase agora un sinónimo do pícido Campephilus leucopogon (Valenciennes, 1826).

Aínda que non hai unha dedicación explícita na descrición orixinal, Carl Ludwig Doleschall honrouno en 1859 na especie de araña Heteropoda boiei, de Xava.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Alumnos da Universidade de Kiel Categoría:Nados en 1794 Categoría:Finados en 1827 Categoría:Nados en Schleswig-Holstein