miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade nas Illas Marshall, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. As Illas Marshall ratificaron a convención o 24 de abril de 2002, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

O sitio Atol Bikini, lugar de tests nucleares foi o primeiro lugar das Illas Marshall incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, inscrito na 34ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Brasilia (o Brasil) en 2010. É o único sitio das Illas Marshall declarado Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: das Illas Marshall Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01 Atol Bikini: lugar de tests nucleares200px| Bikini 2010 1339; IV,VI (cultural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2025, as Illas Marshall incluíron tres sitios na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (cadea de illas) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Atois do norte das Illas Marshall150px|alt=Unha imaxe de satélite do atol AilinginaeCordal Ralik2005(mixto) Distrito Histórico da Vila de Likiep150px|alt=Unha igrexa católica amarela e branca no atol LikiepCordal Ratak2005II, IV (cultural) Conservación da natureza do atol Mili (e Nadrikdrik)150px|alt=Unha imaxe de satélite do atol MiliCordal Ratak2005(natural)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país