Eduardo Pazo Álvarez, nado na Estrada o 25 de maio de 1904 e finado en Cidade de México o 23 de outubro de 1971, foi un mestre galego.
Traxectoria Nado na Estrada en 1904, fillo da mestra Emilia Alvarez Silva e de Pelayo Pazo Alvarez. Foi mestre do Salto de Agoela (Rodeiro) e dende 1928 da Somoza (A Estrada). Foi elixido presidente da Asociación de Mestres da Estrada en 1933.El Emigrado, 31-12-1933, p. 10.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse auxiliado pola familia ata que logrou saír por Portugal rumbo a Cuba, onde se exiliou. O xuíz militar de Pontevedra emitiu unha requisitoria para a súa presentación xunto con Manuel Coto Chan, Higinio Carracedo Ruzo, José Vila Carbón, Manuel Sanmartín Constela, Manuel Campos Vázquez, José Torres Bermejo, Luciano Louzao e Manuel Pérez Carracedo o 27 de agosto.El Pueblo Gallego, 28-8-1936, p. 7. Foi destituído a finais de agosto de 1936,El Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2. sufriu expediente de depuración e foi suspendido de emprego e soldo.El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2.
Na Universidade da Habana acadou a licenciatura en Pedagoxía e foi mestre en Santiago de Cuba. Coa caída de Batista en 1959, embarcou para México. Residiu en Cidade de México e volveu ser mestre. Finou en México en 1971.Segundo outras informacións finou na Habana a principios de 1972. El Pueblo Gallego, 2-5-1972, p. 8.
Vida persoal
Casou na Estrada con María Concepción López Parapar en agosto de 1930,El Emigrado, 31-7-1930, p. 4. e foi pai de Adela Pazo López. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1972