Charles Stark Draper, nado o 2 de outubro de 1901 en Windsor, Missouri, e finado o 1 de xullo de 1987, foi un enxeñeiro estadounidense que destacou no desenvolvemento de sistemas de navegación inerciais.

Traxectoria Draper naceu o 2 de outubro de 1901 en Windsor, Missouri. Estudou ciencias e psicoloxía nas universidades de Missouri e Stanford, rematando cun doutoramento en física polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1938. Deu clases durante un ano para a continuación fundar o Laboratorio de Instrumentación do MIT en 1940, chegando a ser xefe do departamento de aeronáutica do MIT.

O primeiro éxito do Laboratorio de Instrumentación foi o xiroscopio Mark 14 para os canóns antiaéreos da Armada. Durante os anos 1950 desenvolveu un péndulo de Foucault para corrixir automaticamente os erros dos xirocompases navais e aeronáuticos da época debido á rotación da Terra. Tamén desenvolveron pilotos automáticos en base ao péndulo e xirocompás, demostrándose a súa utilidade co primeiro voo automático transcontinental dun bombardeiro B-29 en 1953.

Durante o programa Apollo o laboratorio de Draper gañou o contracto para desenvolver o sistema de control e navegación estelar e inercial que levarían a bordo as naves Apollo. Draper seguiría investigando no MIT ata xaneiro de 1970.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Programa Apollo

Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Programa Apollo