Irati é un filme vasco de 2022 dirixido por Paul Urkijo e protagonizado por Eneko Sagardoy, Edurne Azkarate e Itziar Ituño, entre outros.

Sinopse Ambientado no século VIII, durante a cristianización das áreas remotas ao redor dos Pireneos, conta a historia de Eneko (fillo dun cacique vasco que morreu a raíz dunha batalla con Carlomagno). Eneko vai na procura do corpo do seu pai, sepultado baixo costumes pagáns, para recuperar a lexitimidade cristiá e o señorío do val, atravesa o bosque guiado pola muller pagá Irati.

Personaxes

Eneko Sagardoy como Eneko Edurne Azkarate como Irati Iñigo Aranbarri como Eneko Ximenez Nagore Aranburu como Oneka Elena Uriz como Luxa Ramón Agirre como Virilia Kepa Errasti como Belasko Itziar Ituño como Mari Aitor Barandiaran como Anso Gaizka Chamizo como Berex Josu Eguskiza como Odon Gabriel García Muñoz como guerreiro Miren Tirapu como Munia Patxi Bisquert como Eneko de ancián Karlos Arguiñano como Gorza Unax Hayden como Eneko de neno Leire Indurain como Irati de nena

Produción Irati baséase na novela gráfica El ciclo de Irati, creada por J. L. Landa e J. Muñoz.

Rodado en lingua éuscara, a rodaxe produciuse en novembro de 2021.

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes do País Vasco Categoría:Filmes dirixidos por Paul Urkijo Categoría:Filmes ambientados no século VIII Categoría:Filmes ambientados no País Vasco