miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Moldova, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Moldova ratificou a convención o 28 de setembro de 1983, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Moldova Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Arco Xeodésico de Struve200px|Rudi 2005 1187; II, III, VI (cultural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2026, Moldova inclúe catro sitios na súa lista provisional.

Sitios provisional Sitio Imaxe Localización Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Os solos típicos de chernozem da estepa de Bălți 150x150px|alt=Campo verde e un río Bălți 2011 V, IX, X (mesturado) O chernozem é un dos solos máis fértiles. O sitio provisional comprende cinco localizacións arredor de Bălți onde se levaron a cabo experimentos de campo a longo prazo durante ata 50 anos para estudar o impacto de diferentes prácticas agrícolas, como o uso da rotación de cultivos ou o monocultivo, así como diferentes sistemas de labranza, fertilización e rega no rendemento das colleitas e na fertilidade do solo. A estepa de Bălți foi importante no desenvolvemento da ciencia do solo no século XIX. Paisaxe arqueolóxica de Orheiul Vechi 150x150px|alt=Panorama cun outeiro e un río, algúns edificios na ladeira Distrito de Orhei 2017 II, V (cultural) A antiga Orhei está situada na beira do río Răut. A zona xa estaba poboada no Paleolítico. Atopáronse restos dun asentamento do período Calcolítico (cultura Cucuteni-Trypillia), así como asentamentos da Idade de Ferro. Nos séculos XIII e XIV, foi o lugar dunha importante cidade da Horda de Ouro. Tras a marcha dos mongois, Orhei converteuse nunha das cidades medievais moldovas máis importantes. Abandonouse no século XVIII cando os habitantes se mudaron á aldea veciña de Trebujeni. As adegas subterráneas de Moldova (Cricova e Mileștii Mici) 120x120px Chișinău, Distrito de Ialoveni 2025 III, IV, V (cultural) A tradición da elaboración do viño popularizouse en Besarabia desde o século XIX. A crecente demanda de viño moldovo levou ás adegas locais a inventar formas innovadoras de almacenar o produto, o que, no século XX, deu lugar á reutilización de antigas minas de pedra calcaria en xigantescas adegas subterráneas. Esta candidatura inclúe dúas adegas subterráneas: Cricova, que abarca máis de 120 km de lonxitude, e Mileștii Mici (na imaxe), que se estende por máis de 200 km (dos cales 55 km están en uso). Civilización Cucuteni-Trypillia 150x150px|alt=Vista aérea dun outeiro Distritos de Briceni, Drochia, Edineț, Fălești, Florești, Glodeni, Ialoveni, Ocnița, Rîșcani, Sângerei e Soroca 2026 I, II, III, IV, V (cultural) Este nomeamento compartido con Romanía e Ucraína comprende numerosos sitios da cultura Cucuteni-Trypillia. Esta civilización Calcolítica construíu asentamentos interconectados e planificados, dos cales se descubriron máis de 5.000, os que abarcan áreas superiores a 100 ha clasifícanse como megaasentamentos e son exclusivos desta cultura. Practicaban agricultura avanzada, cerámica, metalurxia e artes. De Moldova, hai vinte sitios propostos (na imaxe Trinca VIII-La Șanț).

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país