Katrine Linda Mathilda Kielos, coñecida como Katrine Marçal, nada en Lund o 24 de outubro de 1983, é unha escritora e xornalista sueca. En 2023, vive en Londres.

Marçal é xornalista do diario sueco Aftonbladet, onde escribiu principalmente artigos sobre política financeira sueca e internacional e feminismo. Graduouse na Universidade de Uppsala.Mikael Marklund Tamén escribiu para Dagens Arena e foi escritora freelance para as páxinas culturais do xornal Expressen. En 2013, o xornal sueco Dagens Nyheter concedeu a Marçal o terceiro premio anual Lagercrantzen.

Obras En 2012, Katrine Maçal publicou o libro Det enda könet (Quen preparou a cea de Adam Smith?) que fala da relación entre economía e patriarcado. No libro, analiza a historia da economía a través de Adam Smith, considerado o pai da economía. Marçal chama a atención sobre o feito de que non só existe un "segundo sexo" senón tamén unha "segunda economía".

O libro foi nomeado ó Premio August outorgado pola Asociación de Editores Suecos en 2012. A tradución ao inglés do libro Who Cooked Adam Smith's Dinner? foi nomeada ao premio Bread and Roses en 2016. Desde entón foi traducido a 14 idiomas.

En 2021, publicou Mother of Invention, un percorrido pola historia da innovación desde o punto de vista do feminismo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Feministas de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Nados en Lund Categoría:Nados en 1983 Categoría:BBC 100 Mulleres