Héctor Manuel Corujo González, nado no Incio en 1970, é un funcionario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi funcionario do concello do Incio dende os 24 anos. Foi presidente da ANPA do colexio do Incio. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG logrando maioría absoluta por cinco votos e foi elixido alcalde do Incio. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PPdeG á alcaldía do Incio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Incio
Ligazóns externas Héctor Corujo encabezará a candidatura popular á alcaldía do Incio
Categoría:Alcaldes do Incio Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1970