Araceli Ancochea Roldán, nada no Barco de Valdeorras o 25 de agosto de 1893 e finada en Madrid o 5 de xaneiro de 1991, foi unha profesora e pianista galega.

Traxectoria

Estudou no Real Conservatorio Nacional de Música de Madrid, onde foi discípula do Mestre Bretón que a considerou como a mellor alumna de piano e declamación. Obtivo o primeiro premio de piano e harmonía do Conservatorio Nacional de Música en 1909.El Diario de Pontevedra, 28-6-1909, p. 2. Foi profesora de música da Escola Normal de Maxisterio de Ourense. Catedrática en Cuenca e en Ourense dende 1916 ata a súa xubilación en 1963. Pasou tempadas en Cuenca, onde ofreceu concertos, destacando un na catedral no que interpretou a Alborada de Veiga. Pasou os últimos anos da súa vida en Madrid, onde finou o 5 de xaneiro de 1991.Necrolóxica en ABC, 10-1-1991, p. 88. Foi soterrada no cemiterio Sacramental de San Justo.

Recoñecementos

Unha rúa de Ourense leva o seu nome. Vida persoal

Casou en 1921 con Felipe Pedreira Deibe,La Región, 26-10-1921, p. 2. e foi nai de Román, María del Carmen e Toñita Pedreira Ancochea. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Araceli María de la Salud Ancochea de Roldán Ficha en galefos.info,

Categoría:Profesores Categoría:Pianistas de Galicia

Categoría:Nados no Barco de Valdeorras

Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes