O luiseño é unha lingua uto-azteca de California falada polo pobo luiseño, un pobo indíxena que no momento do primeiro contacto cos europeos no século XVI habitaba na área costeira do sur de California, dende o Condado dos Ánxeles até o Condado de San Diego, California. O pobo foi chamado "luiseño", debido á súa proximidade coa Misión San Luis Rey de Francia.
A lingua está moi ameazada, sendo clasificada como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO, mais conta cun activo proxecto de revitalización lingüística,* co apoio de lingüistas da Universidade de California en Riverside. A tribo Pechanga ofrece clases para nenos, e en 2013, "a tribo ... comezou a financiar unha clase de posgrao en luiseño na Universidade Estatal de California, San Bernardino, un dos poucos cursos universitarios de linguas indíxenas con créditos do país". En 2012, creouse un videoxogo en luiseño para a Nintendo DS orientado a ensinar a lingua aos mozos.
O dialecto juaneño, falado polo pobo acjachemen, está extinto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Linguas tákicas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América