Marco Mengoni, nado en Ronciglione, Viterbo o 25 de decembro de 1988, é un cantautor italiano.

Traxectoria Acadou a fama en 2009 ao gañar a terceira tempada da versión italiana de X Factor, o que lle permiteu asinar un contrato con Sony Music. O ano seguinte foi o terceiro clasificado no 60º Festival da Canción de Sanremo coa canción "Credimi Ancora". En 2010 lanzou os seus dous primeiros EPs e un álbum ao vivo, Re Matto Live, o cal obtivo disco de platino en Italia. Ese mesmo ano converteuse no primeiro artista italiano en gañar o premio ao Mellor Artista Europeo nos Premios MTV Europe Music Awards, recoñecemento que lle volvería ser outorgado en 2015. O seu primeiro álbum de estudio, Solo 2.0, foi lanzado en setembro de 2011.

O 16 de febreiro de 2013 foi proclamado gañador do 63º Festival da Canción de Sanremo coa canción "L'essenziale", coa cal representou a Italia no Festival de Eurovisión en 2013, obtendo a sétima posición. Dez anos despois volveu gañar o Festival da Canción de Sanremo con "Due vite", motivo polo cal volve representar ao seu país no Festival de Eurovisión 2023, celebrado en Liverpool, no cal obtén esta vez o cuarto posto.

Mengoni publicou oito discos de estudio, todos eles éxitos de vendas en Italia e presentes tamén nas listas de Suíza e España. É o primeiro artista italiano da historia en exhibirse no Billboard Film & TV Music Conference dos Ánxeles en 2013. Tamén foi o primeiro artista italiano finalista no Worldwide Act dos premios MTV Europe Music Awards. En 2014 é recoñecido como Mellor Cantante Italiano nos Nickelodeon Kids' Choice Awards dos Ánxeles.

Vive en Milán dende 2013.

Notas

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Cantantes de Italia Categoría:Representantes de Italia en Eurovisión