María José Fernández Díaz, nada no Valadouro en 1971, é unha farmacéutica e política galega.

Traxectoria Farmacéutica e enxeñeira técnico forestal, é presidenta dunha asociación de produtores de madeira. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidata de TEGA ao concello do Valadouro e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura Unión Democrática Independente do Valadouro (Udival),La Voz de Galicia, A Mariña, 9-4-2011, p. L8. e volveu ser elixida concelleira. Udival non presentou candidatura ás municipais de 2015.

Udival volveu presentarse ás municipais de 2019 encabezada por María José Fernández, que volveu ser elixida concelleira.

Alcaldesa Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura de Udival e a pesar de ser a única elixida da lista, foi investida alcaldesa co apoio do PSdeG-PSOE e BNG.

Renuncia á alcaldía O 10 de setembro de 2024 anunciou a súa renuncia á alcadía e amosou o seu apoio ao cabeza de lista do PP, José Manuel Lamela, como novo alcade de concello. O 13 de setembro, fixo efectiva a renuncia nun pleno extraordinario, despois de destituír os concelleiros que formaban parte so seu goberno, do PSdeG-PSOE e BNG, ata ese momento e anunciou o seu apoio como alcalde ao cabeza de lista do PP, Jose´Manuel Lamela, que fora o candidato máis votado anteriormente, e que tomou posesión do cargo o 19 de setembro de 2024.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Valadouro

Categoría:Alcaldes do Valadouro Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Nados en 1971