Cuarto dólar da Liberdade en pé "¼ Dollar "Standing Liberty Quarter" No Stars Below Eagle". Numista.com"¼ Dollar "Standing Liberty Quarter" Stars Below Eagle". Numista.com"Standing Liberty Quarter Specifications ". Standinglibertyquarter.org140x140px140x140pxA/: A Liberdade en pé, ollando cara a esquerda, cun peito descuberto, sostendo un escudo coa esquerda e unha póla de oliveira coa dereita; 13 estrelas aos lados. Marca de gravador (M). Data no exego. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Aguia en voo cara á dereita coas ás despregadas. 13 estrelas. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / QUARTER DOLLAR. Datas: 1916-1930. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: Hermon Atkins MacNeil. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 411.469.716 exemplares. Diámetro: 24,30 mm. Peso: 6,25 g. Espesor: 1,75 mm. Canto: estriado.

O cuarto de dólar da Liberdade en pé (en inglés: Standing Liberty quarter) é unha moeda estadounidense dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1916 e 1930. Sucedeu a moeda correspondente da serie Barber, cuñada desde 1892. A moeda foi deseñada polo escultor estadounidense Hermon Atkins MacNeil, e amosa a deusa da Liberdade no anverso e unha aguia en voo no reverso.

En 1915, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Robert W. Woolley, iniciou os trámites para substituír as moedas de prata de dez centavos, dun cuarto de dólar e de medio dólar da serie Barber, xa que cría, erroneamente, que a lei esixía novos deseños. MacNeil presentou para tal propósito un deseño militarista que amosaba a Liberdade en garda contra un ataque. A Casa da Moeda exixiulle a MacNeil modificacións do deseño inicial, e este presentou unha versión revisada que incluía golfiños para representar os océanos. A finais de 1916, os responsables da Casa da Moeda introduciron novos cambios importantes no deseño sen consultar a MacNeil, e o escultor queixouse logo de recibir os exemplares xa cuñados da nova emisión, en xaneiro de 1917.

Así as cousas, a Casa da Moeda promoveu unha lei especial que lle permitiu a MacNeil redeseñar a moeda ao seu gusto, e un dos cambios introducidos polo escultor foi a adición dunha cota de malla que cubría o peito da Liberdade, que na primeira versión estaba espido.

Nas moedas postas en circulación, a data da moeda acabou por borrarse axiña, polo que os gravadores da Casa da Moeda axustaron o deseño en 1925 para solucionar o problema.

Finalmente, en 1931 deixouse de cuñar esta moeda e en 1932 o Congreso aprobou no canto dela o coñecido como cuarto de dólar Washington, co perfil do primeiro presidente estadounidense, para celebrar o bicentenario do seu nacemento.

Antecedentes e inicio O 26 de setembro de 1890, o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha lei que dispuña:"Sept. 26. 1890. 26 Stat. L., 484". En Richardson, W. A. ed. (1891). Páxinas 806-807

A serie Barber. consistente en moedas de prata de dez centavos, dun cuarto de dólar e de medio dólar, con deseños similares do gravador xefe da Casa da Moeda Charles E. Barber, introducírase en 1892.Breen, W. (1988). Páxinas 572-573. Logo da súa posta en circulación,Lange, D. W. (2006). Páxina 134. aquela serie suscitara un considerable descontento entre a poboación,Lange, D. W. (2006). Páxina 136. e a partir de 1905, as sucesivas administracións presidenciais intentaran achegar deseños máis modernos e estéticos ás moedas dos Estados Unidos.Burdette, R. W. (2005). Páxina 12. Despois do redeseño das moedas de ouro entre 1907 e 1908, e tamén das moedas dun centavo e de 5 centavos de cuproníquel de 1909 e 1913, respectivamente, os defensores da substitución das moedas da serie Barber comezaron a facer presión polo cambio cando expirou o prazo mínimo das moedas en circulación, en 1916. Xa en 1914, Victor David Brenner, deseñador do centavo Lincoln, presentara deseños non solicitados para esas moedas de prata, ao que daquela se lle respondera que o secretario do Tesouro, William G. McAdoo, estaba completamente ocupado con outros asuntos.Burdette, R. W. (2005). Páxina 13.

O 2 de xaneiro de 1915, apareceu unha entrevista co superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam M. Joyce, no xornal Michigan Manufacturer and Financial Record:Carter, F. E. (1915). miniatura|O superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam M. Joyce, criticou o centavo Lincoln e outras novas emisións por considerar que ofrecían dificultades para a cuñaxe (na imaxe, Joyce nunha plaqueta gravada por George T. Morgan).|284x284px En xaneiro de 1915, o subsecretario do Tesouro, William P. Malburn envioulle, a McAdoo un informe sobre a cuñaxe de moeda subsidiaria de prata, no que se sinalaba: "o medio dólar, o cuarto de dólar e a moeda de dez centavos de prata actuais cambiáronse en 1892, polo que se pode adoptar un novo deseño en 1916. Isto pódese facer en calquera momento do ano".Burdette, R. W. (2005). Páxinas 13-14. En resposta, McAdoo escribiu do seu puño e letra sobre o informe: "Que a Casa da Moeda presente deseños antes de que probemos con ninguén máis".Burdette, R. W. (2005). Páxina 14.

En abril de 1915, Robert W. Woolley asumiu o cargo como novo director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e o 14 dese mesmo mes pediulle ao superintendente da Ceca de Filadelfia, Joyce, que lle solicitase ao gravador xefe Barber —quen levaba 36 anos no cargo— que preparase novos deseños. O mesmo día, o subsecretario Malburn solicitou o ditame do procurador do Departamento do Tesouro acerca da opinión da Casa da Moeda de que podía cuñar novos deseños para as tres moedas de prata en 1916. O 17 de abril, a Oficina do Procurador respondeu que a Casa da Moeda podía cambiar os deseños.Lange, D. (2012). Nese momento, a Casa da Moeda estaba intensamente ocupada producindo a emisión de moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico, e non se tomaron medidas inmediatas. En outubro, Barber foi convocado a Washington para discutir os deseños das moedas con Woolley, aínda que non se sabe con certeza se xa tiña preparados daquela algúns esbozos para a nova cuñaxe.

O 3 de decembro de 2015, Woolley reuniuse coa Comisión de Belas Artes dos estados Unidos e pediu que esta institución vise os esbozos elaborados polo departamento de gravado da Casa da Moeda. Barber estivo presente para lles explicar o proceso de cuñaxe aos membros da Comisión, e Woolley suxeriulles que, se non lles gustaba o traballo da Casa da Moeda, seleccionasen escultores que presentasen deseños alternativos para as novas pezas. A intención de Woolley era ter deseños distintos para cada unha das tres moedas que compuñan a serie Barber, xa que anteriormente as tres eran moi semellantes.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 14-15. O director informou a Comisión de que, como a moeda existente levaba 25 anos en uso, cumpría cambiala, algo que o historiador numismático David Lange cualifica de "interpretación errónea das leis da moeda", xa que a lei unicamente dicía que era posible cambiala, mais non obrigaba.Lange, D. W. (1993). Páxina 3.

Á Comisión non lle gustaron os esbozos da Casa da Moeda, presentados por Barber,Burdette, R. W. (2005). Páxina 16. e seleccionou os escultores Adolph Weinman, Hermon MacNeil e Albin Polasek para presentaren as propostas para as novas moedas. Cada escultor podía presentar varios esbozos. Aínda que a Casa da Moeda podía decidir utilizar un deseño nunha moeda non prevista polo seu escultor, os deseños non eran totalmente intercambiables, xa que por lei, no reverso do cuarto de dólar e do medio dólar debía aparecer necesariamente unha aguia, e esta non podía reproducirse na moeda de dez centavos. Woolley esperaba que cada escultor tivese éxito cunha soa moeda.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 19-20. miniatura|O director da Casa da Moeda, Robert W. Woolley , avogou pola fin da serie Barber, aínda que entendeu erroneamente que era obrigatorio substituíla (na imaxe, nunha medalla deseñada por George T. Morgan).Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Roger Wickliffe Woolley". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 156-157.|202x202px Os tres escultores presentaron os seus respectivos esbozos do deseño a mediados de febreiro, e o 23 dese mes reuníronse con Woolley en Nova York para que os artistas puidesen facerlle presentacións do traballo e responder ás súas cuestións. Logo das conversas entre o director da US Mint Woolley e o secretario do Tesouro McAdoo, o 28 de febreiro notificóuselle a Weinman que resultaran seleccionados cinco dos seus esbozos: o dos dez centavos, o do medio dólar e o do reverso do cuarto de dólar. Ese mesmo día, Woolley escribiu a MacNeil para lle comunicar que el se encargaría do anverso do cuarto de dólar, e a Polasek para o informar da súa falta de éxito.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 22-23. Mais os membros da Comisión convenceron a Woolley de que non se lle debía confiar tanto a un só artista, polo que finalmente se lle permitiu a MacNeil deseñar ambas as faces do cuarto de dólar, sempre que o escultor realizase un deseño satisfactorio para Woolley.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 26-27.

O 3 de marzo de 1916 anunciáronse publicamente os deseños. No anuncio, o Tesouro sinalou que "os deseños destas moedas deben cambiarse por lei cada 25 anos, e o actual período de 25 anos termina en 1916". O comunicado de prensa indicaba que o Tesouro esperaba que a produción das novas moedas comezase nuns dous meses, logo de finalizados os deseños. O mesmo día, Woolley escribiulle a Barber, gravador da Casa da Moeda, para lle comunicar que os esbozos que el propuxera inicialmente foran rexeitados e que os modelos de Weinman e MacNeil chegarían á Ceca de Filadelfia a máis tardar o 1 de maio.Lange, D. W. (1993). Páxinas 4-5. Segundo o historiador numismático Walter Breen, Barber amosouse "malhumorado e nada cooperador".Breen, W. (1988). Páxina 326. Lange indica que se produciron "numerosos atrasos á medida que os artistas afinaban os seus modelos e, ao mesmo tempo, evitaban os obstáculos que Barber lles ía pondo no camiño; aínda que as súas observacións sobre moitos aspectos da cuñaxe práctica eran bastante acertadas, é evidente que poderían terse presentado dun xeito máis construtivo".Lange, D. W. (2006). Páxina 150. No seu libro sobre as moedas de dez centavos Mercury, Lange sinala que Barber, que daquela tiña 75 anos, se vira "obrigado nos últimos dez anos a participar na destrución sistemática dos logros de toda unha vida", xa que tivo que participar no proceso que deu lugar a que as moedas deseñadas por outros substituísen as creadas por el.Lange, D. W. (1993). Páxina 4.

Cos novos deseños, todas as moedas estadounidenses recibiran un cambio recente, xa que a moeda dun dólar non se estaba a cuñar naquela época.Vermeule, C. (1971). Páxina 139. Segundo unha columna publicada na revista The Art World máis tarde, en 1916:"The Administration and its Attitude to Art: The Coinage". En The Art World. The Kalon Publishing Company, Nova York. Vol. 1. Nº 1. Páxinas 19-20, 74. Outubro de 2016.

Deseño miniatura|Doris Doscher, alcumada "A rapaza do cuarto de dólar".Norse, M. (1917). "The Girl on the Quarter". En The Sunday Tribune. 20 de maio. (20): 39.