Un supersólido é un material ordenado no espazo; é dicir, que é un sólido ou cristal con propiedades superfluídas. Cando fluídos específicos, como o helio, arrefríanse por debaixo dunha temperatura característica, sofren unha transición de superfluidez e convértense nun fluído con viscosidade cero, o que significa que pode fluír sen fricción. Crese que esta transición está asociada coa condensación de Bose-Einstein.
No caso do helio (máis concretamente, helio-4), conxecturouse desde 1969 que sería posible crear un supersólido. Algúns experimentos que buscan este estado fallaron. Non obstante, en 2004, os físicos Moses Chan e Eun-Seong Kim, da Universidade de Pensilvania, observaron un fenómeno que foi interpretado como un comportamento supersólido. A confirmación da existencia do novo estado cuántico da materia chegaría en 2019, cando un equipo de investigación do 5. Physikalisches Institut da Universidade de Stuttgart, dirixido por Tilman Pfau e Tim Langen, demostrou isto experimentalmente.
Notas
Véxase tamén
Supervidro
Bibliografía
Ligazóns externas
Historia da natureza sobre o experimento "Penn State: que é un supersólido?"
Categoría:Estados da materia