Penelope perspicax é unha especie de ave galiforme da familia Cracidae que habita nos bosques nubrados dos departamentos colombianos de Cauca, Valle del Cauca, Risaralda e Quindío, entre os 700 e 1800 m.s.n.m. Non se coñecen subespecies.Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Características A súa lonxitude media é de 76 cm. As plumas da cabeza, o pescozo e a parte alta do dorso e peito son entre gris e pardo bordeadas de gris claro ou branco, máis marmoreadas no peito; no resto das costas é de cor castaña. Presenta bordo periocular gris lousa azulado, peteiro denegrido, gorxa e patas vermellas.Rodríguez Mahecha, J.V, Hughes, N., Nieto, O. & Franco, A.M. (2005). Paujiles, Pavones, Pavas & Guacharacas. Bogotá: Conservación Internacional.

Historia natural Viven na parte media e alta das árbores e non baixan ao chan. Aniñan nas árbores. O seu hábitat foi reducido e fragmentado polo que se atopa en perigo de extinción.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas BirdLife Data Factsheet

Categoría:Crácidos Categoría:Animais descritos en 1911 Categoría:Aves de Colombia Categoría:Fauna endémica de Colombia