Acis autumnalis é unha especie de planta bulbosa pertencente á familia das amarilidáceas. miniatura|Detalle das flores

Descrición Herba perenne a través de bulbos. Talos floríferos sen follas de 7-15(-25) cm de altura. Follas filiformes, de 12-16 cm de lonxitude, que aparecen durante ou pouco despois da floración. Flores en número de 1 a 3, dispostas nunha umbela que está protexida por unha bráctea membranosa (espata); as flores son acampanadas, constituídas por 6 pezas periánticas de cor branca, de 9-14 mm; 6 estames incluídos no periantio; ovario situado en posición inferior con relación ao resto das pezas florais. Froito en cápsula. Florece desde finais de verán e no outono.

Hábitat En prados, chans arenosos e ácidos.

Distribución Centro e oeste da Península Ibérica.

Taxonomía Acis autumnalis foi descrita por (Carl von Linné) Robert Sweet e publicada en The British Flower Garden, . . . 3: t. 297, no ano 1829.Acis autumnalis en Trópicos

Citoloxía

Número de cromosomas de Acis autumnalis (Fam. Amaryllidaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=14Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)

Sinonimia

Acis oporantha Jord. & Fourr. Acis pulchella Jord. & Fourr. Leucojum auctumnale J.F.Gmel. Leucojum autumnale L. basónimo Ruminia hyemalis ParlAcis autumnalis en PlantList.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Terminoloxía descritiva das plantas Historia da Botánica Características das amarillidáceas

Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Flora de Galicia